“OS BOLECHAS” de Caramuxo Teatro chegan ao Salón do Libro no Pazo da Cultura

“OS BOLECHAS” de Caramuxo Teatro chegan ao Salón do Libro no Pazo da Cultura

mércores, 10 de Febreiro de 2010

Caramuxo teatro presenta no escenario o gran éxito editorial galego: “Os Bolechas”, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosará un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns.

OS BONECOS Os bonecos utilizados no espectáculo son tipo Muppets e están tallados en gomaescuma. A elaboración dos títeres encargóuselle a Marcelo Fernández, recoñecido titiriteiro arxentino, que ten relizados diferentes traballos para teatro, cinema e televisión en diferentes lugares do mundo.

O ATREZZO E A ESCENOGRAFÍA Os diferentes elementos de atrezzo que se usan durante a representación foron realizados por Caramuxo teatro e están elaborados en gomaescuma, madeira e metais.

O AUTOR O texto está creado en colaboración entre a compañía e o autor de Os Bolechas, Pepe Carreiro. Por toda a súa traxectoria recibiu en 2003 o Premio Ourense de Banda Deseñada, que recoñece cada ano unha iniciativa ou persoeiro relevante da novena arte en Galicia.

Os membros do elenco son Xosé M. Esperante, Laura Sarasola e Juan Rodríguez. Público: + 3 anos. Duración: 45 minutos. A entrada custa 3 €, con desconto do 50% para os menores de 12 anos. Venda anticipada na billeteira, dende unha hora antes dos espectáculos.