As “Xornadas Excéntricas” inícianse mañá con Mofa e Befa e a súa representación matinal de “Shakespeare para Ingnorantes” concertada con centros escolares

As “Xornadas Excéntricas” inícianse mañá con Mofa e Befa e a súa representación matinal de “Shakespeare para Ingnorantes” concertada con centros escolares

martes, 15 de Febreiro de 2011

Dende mañá mércores ao venres 18, rapaces de centros de toda a provincia poderán desfrutar das dúas obras de Quico Cadaval tras as que se celebrarán coloquios co director e os actores.

Oitocentros rapaces desfrutarán os vindeiros días das “Xornadas Excéntricas” e as súas funcións matinais con aforo concertado con centros escolares. Duás funcións de “Shakespeare para Ignorantes” e unha de “Un Cranio furado” pretenden achegar o teatro ao público xuvenil dende o humor, tónica constante nestas creacións de Quico Cadaval. Para completar as xornadas, o remate de cada representación os rapaces poderán participar nun coloquio co director e os actores Mofa e Befa no caso de “Shakespeare para Ignorantes” e Victor Mosqueira, Evaristo Calvo, Dorotea Bárcena e Santy Román de “Un Cranio furado”

Lembramoslles que estas funcións representaranse para o público en xeral os días 16 e 17 “Shakespeare para ignorantes” e venres 18 e sábado 19 “Un Cranio furado” ás 21:00 horas no Pazo da Cultura.

As actividades previstas na programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse entre o 6 de febreiro e o sábado 19 de marzo de 2011. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.

Agradecemos a súa difusión.

Departamento de Prensa do Salón do Libro