Edición 2006Exposicións

Exposicións

Nesta edición contamos coas seguintes mostras: A natureza do Merlín, serie de portadas da colección Merlín, cedida por Edicións Xerais de Galicia; Palabra de crocodilo, orixinais do relato do mesmo título publicado por OQO Editora; Non hai color, ilustracións de Pablo Amargo; Contando con imaxes, obras de Noemí López; A contar ovellas, creacións de Kiko da Silva. Unha exposición didáctica co título A palabra viva, producida pola AS-PG, lembraba a vida e a obra do poeta Manuel María. Especialmente reseñábel foi a exposición Plantando libros, formada por orixinais de membros da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) acompañados por textos de diversos autores, que abre unha liña de colaboración permanente entre esta asociación e o Salón do Libro. O artista ourensán Moxom amosou unha colección das súas esculturas feitas sobre raíces e pólas co título Obradoiro de madeira. Do alumnado da facultade de Belas Artes, expuxéronse as maquetas elaboradas como proxectos de instalación e unha serie de libros obxecto, un dos cales será publicado.

© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra