Venres: Juan Farias, a saudade do mar, con Xabier DoCampo, Paco Martín, Antonio Ventura e Xavier Senín. Salón de actos. Entrada libre.
Animación á lectura
¿Con que obxecto? Dos monicreques aos contos, con Rodorín.
Danza
Mar de danzas, con Mercedes Prieto.
Ilustración
Ilustrar a literatura, con Gabriela Rubio.
Inscricións para os obradoiros de adultos
Inscrición
Descarga o formulario de inscrición da páxina principal e envíao ao fax 986 874 070 ou ao enderezo salondolibro(arroba)salondolibro.org. O prazo de inscrición remata o venres 25 de xaneiro. Estes obradoiros teñen unha duración de 15 horas, 10 de curso e 5 de conferencias
Homologación
Solicitada a homologación da Consellería de Educación.
Solicitada a homologación por 1 crédito na Universidade de Vigo.
Máis información no teléfono 986 833 061.
Ludoteca Viaxeira
Os matriculados nos cursos de adultos teñen á súa disposición de maneira gratuíta A Ludoteca Viaxeira, un espazo onde os seus fillos xogarán e estarán atendidos mentres os maiores asisten aos obradoiros e conferencias. Horario de 16.45 a 21.15 h.