A alumna do IES Torrente Ballester de Pontevedra Teresa Guerra Sobral gaña o I Concurso de Microrrelatos Salón do Libro de Pontevedra

A alumna do IES Torrente Ballester de Pontevedra Teresa Guerra Sobral gaña o I Concurso de Microrrelatos Salón do Libro de Pontevedra

luns, 09 de Marzo de 2015

A estudante do IES Torrente Ballester Teresa Guerra Sobral vén de gañar o I Concurso de Microrrelatos Salón do Libro de Pontevedra. A alumna recibirá como premio entradas para unha sesión de teatro para ela e os seus compañeiros de clase, o grupo C de 3º da ESO. O grupo acudirá o vindeiro 27 de marzo ao Pazo da Cultura para gozar da obra ‘Pan! Pan!’, da Panadería, que forma parte da programación do Salón do Libro.

O concurso convocouse a través da rede social Twitter pensando no alumnado dos institutos da cidade. Estes soamente tiñan que poñer un final a un texto baseado na novela ‘A máquina do tempo’, de H. G. Wells.

Teresa Guerra Sobral, baixo o nome gonzotb @tballester4, participou con tres frases a través de tres ‘tuits’ diferentes (o número máximo permitido). Coas palabras “(...) Rapaz, eu son o tempo” remataba unha historia creada especialmente para a temática deste ano do Salón: ‘Da ciencia á ficción’.