'Apocalipse Z. O comezo da fin', do pontevedrés Manel Loureiro, estará presente no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil

'Apocalipse Z. O comezo da fin', escrita por Manel Loureiro, é a primeira novela dunha exitosa triloxía. Foi publicada en 2008 en castelán por Editorial Dolmen. En 2013 foi publicada en galego por Urco Editora ao ser traducida por Tomás González Ahola.

'O comezo da fin' conta as aventuras dun avogado nunha Pontevedra tomada por mortos viventes contaxiados dun agresivo e contaxioso virus.