As aventuras extraplanetarias de 'Anamarciana' aterran no Salón do Libro

Anamarciana vive no espazo, a miles ou millóns de anos da Terra, nun sistema cheo de planetas de cores, redondos e divertidos coma balóns. Acompañada pola vaca Lolaescaiflai, o seu irmán Nanomarciano e a súa nai Adelamarciana pasa os días soñando. Os libros desta particular nena foron escritos por Alberto Varela Ferreiro e publicados por Xerais. 'Anamarciana'. 'Anamarciana. Vacacións en Europa' e 'Anamarciana no Planeta Vermello' achegan a ciencia ficción aos máis pequenos.