A Casa das Campás énchese na homenaxe a Anisia Miranda

A Casa das Campás énchese na homenaxe a Anisia Miranda

mércores, 10 de Febreiro de 2010

Máis de vinte persoas animáronse a ler contos, versos ou anacos de novelas adicados á autora de obras de poesía, narrativa, teatro, viaxes e biografías

Non se tivo en conta a idade nin a profesión. A homenaxe que hoxe se fixo a Anisia Miranda na Casa das Campás conseguiu abarrotar o local e fixo que fosen máis de 20 persoas que as adicasen versos a unha muller que amosou durante toda a súa traxectoria profesional un grande amor por Galicia.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Cultura, Lola Dopico, estiveron presentes nun acto que durou máis de dúas horas e no que non faltaron grandes palabras para a muller poeta, cubana, autodidacta, nai e esposa exemplar como foi Anisia.

O acto pechouse coa lectura dun poema por parte do alcalde de Pontevedra e logo cunhas palabras de Xosé Neira Vilas, que agradeceu a celebración deste ano e tamén tivo palabras para o Concello de Pontevedra, ao que louvou polo apoio que sempre lle ten amosado. Neira Vilas tamén fixo referencia ao ano no que lle adicaron o Salón do Libro.

Anisia Miranda naceu en Ciego de Ávila (Cuba) o 30 de decembro de 1932 e faleceu en Galicia no mes de outubro de 2009. Filla de emigrantes ourensáns, estudiou Maxisterio e Xornalismo na Habana. Por razóns familiares, en 1953 trasladouse cos pais a Bos Aires. Alí ampliou os seus estudios e coñeceu a Xosé Neira Vilas. Casaron en 1957, ano no que fundaron "Follas Novas".