Cine mareiro e contos con sal. A Radio Galega, mañá en directo no Salón co magacine O tren do serán

Cine mareiro e contos con sal. A Radio Galega, mañá en directo no Salón co magacine O tren do serán

xoves, 31 de Xaneiro de 2008

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2008 O Teatro Principal acolleu unha nova xeira do ciclo audiovisual que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra presenta entre as súas novidades da novena edición. O filme A mariñeira, dirixido por Antón Dobao, proxetouse esta tarde logo dun animado coloquio no que interviron os actores Camila Bossa, Monti Castiñeiras e Antonio Durán “Morris”, ademais do director e do produtor da película. O ciclo audiovisual regresará mañá ao Principal co documental Balseros e unha selección de curtas galegas e internacionais, todas galardoadas en recoñecidos certames. No Salón de Actos do Pazo da Cultura, a escritora Rosa Aneiros, xornalista e narradora galega con sólida traxectoria, pronunciou a conferencia Escribir o mar. Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) adoita reflectir na súa escrita a paisaxe mariña, e da que fai acubillo para as emocións e temores de maior fondura. A escritora repasou algunhas das pasaxes máis sobranceiras das nosas letras vencelladas co medio mariño. O cineasta Coke Riobóo rematou esta tarde o seu obradoiro de animación con plastilina, un dos éxitos desta edición do Salón. Uxío, mariñeiro da Illa de Arousa, pechou a xornada botando contos salgados no pub La Cabaña, no que mañá actuarán Os tres peixes, é dicir, Ugía Pedreira, Guillerme Fernández e Xavier Díaz, tres recoñecidos músicos do panorama galego actual. No eido da presenza institucional, a delegada provincial da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, María Xesús López Escudeiro, visitou o Salón este mediodía acompañada pola secretaria da delegación, Olga Lema, e a coordinadora do Salón, Helena Torres. Mañá venres contaremos cunha axenda apretada para apurar a recta final deste Salón mareiro. Testemuña do que aconteza no Pazo da Cultura será o programa da Radio Galega O tren do serán. A súa directora e presentadora, Cristina Lombao, e todo o seu equipo estarán en directo desde a Sala de Exposicións entre as 17.00 horas da tarde ata as 20.00 horas do serán. Convidados do Salón, ponentes e organizadores pasarán polos seus micrófonos nunha tarde que promete moito ritmo. A realización en directo deste programa vaise convertir noutra atracción para o público que visite mañá o Salón. Entre outras actividades, para mañá á tarde están previstas dúas mesas redondas que versarán sobre a figura do escritor galego afincado en Madrid, Juan Farias, quen xa confirmou a súa asistencia pese á súa avanzada idade, e sobre o álbum ilustrado, respectivamente. Os nenos contadores de historias volverán estar acompañados polo Conservatorio de Música e os membros do Conxunto Monterrei montarán unha verbena ao estilo das que celebraban os músicos galegos da emigración na Habana. Caramuxo Teatro fará dous pases da primeira obra de teatro para bebés feita en Galicia e Os Trasnos de Moscoso amenizarán unha festa hip hop no Recinto Feiral con entrada de balde.

VENRES 1 FEBREIRO

· ACTIVIDADES PARA COLEXIOS (pola mañá, concertadas cos centros) -Obradoiros de poesía, ilustración, música, medio ambiente, curtas con móbil e danza. -Contos con Pavís-Pavós, Raquel, Andrea Bayer e Galitoon. -11.30 h, teatro El ladrón de islas, de Bambalúa Teatro. (Función para escolares) Espectáculo baseado nun conto da escritora María Teresa León onde tres actores interpretan dez personaxes que xurden dos múltiples ambientes da obra, recreados a través dunha escenografía suxerente e unha evocadora iluminación. A acción constante, a animación de obxetos, a música, as coreografías, as sombras corporais e a dinámica do cine mudo reúnense para crear unha comedia chea de emoción, ilusión e sorpresas. El ladrón de islas é unha viaxe desde a realidade cotiá da aula ata un universo imaxinario poboado de personaxes de conto. O protagonista entra nun mundo fantástico onde, a través da acción e a aventura, vivirá emocións e sentimentos coa pureza e intensidade dos contos. Pero só ao regreso, no mundo real, será onde atope o que con desmedida paixón buscou na súa fantasía: o amor.Bambalúa Teatro naceu en Burgos hai dez anos coa intención de producir espectáculos para todos os públicos e en especial para o público máis novo creando obras divertidas á vez que didácticas. A súa liña de traballo vai desde o teatro de sala ata o teatro de rúa tentando que en todos eles o humor, a acción e a estética sexan a base das súas montaxes. Teñen actuado en varias das feiras e festivais máis importantes da península Ibérica como son FETEN, Teatralia, Ciudad Rodrigo, Leioa, Espartinas, etc.

· OBRADOIROS PARA ADULTOS (pola tarde, previa inscrición) Literatura: Juan Farias, a saudade do mar (ver MESA REDONDA NAS ACTIVIDADES ABERTAS AO PÚBLICO), animación á lectura con Rodorín, danza con Mercedes Prieto e ilustración con Gabriela Rubio.

· ACTIVIDADES ABERTAS AO PÚBLICO

O programa O tren do serán da Radio Galega e conducido por Cristina Lombao realizarase en directo desde o Salón do Libro de Pontevedra. 17.00-20.00 horas, Sala de Exposicións do Pazo da Cultura. Aberto ao público.

-17.00 h, obradoiro de graffiti con Ras. Entrada libre. Derradeira sesión. Ras é o alcume de Alexis Parada (A Coruña, 1982). Desde hai varios anos reside en Pontevedra, onde cursa estudos na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo ao tempo que participa en encontros de arte urbana e realiza deseños para organismos públicos e privados. O seu obradoiro contará cunha parte teórica que pretende achegar ao espectador á historia do graffiti desde una perspectiva mundial, europea, española e galega. E cunha vertente práctica para familiarizar aos alumnos coas técnicas e recursos comúns do escritor para realizar as súas obras. Para finalizar, tódolos participantes confeccionarán un mural conxunto.

-17.00 h, Mesa redonda: Juan Farias, a saudade do mar. Presenta: Helena Torres Blanco, coordinadora do Salón do Libro. Interveñen: Xavier Puente DoCampo, Paco Martín, Antonio Ventura e Xavier Senín. Juan Farias confirmou a súa presencia. Amigos e colegas de Juan Farias dedícanlle unhas palabras para sobrancear a súa figura e recordar a súa traxectoria, esquecida nos últimos anos. Antonio Ventura cursou estudos de Maxisterio en Madrid, exercendo como mestre entre 1977 e 1988. A partir de 1993, cando deixa o ensino, comeza a súa carreira no mundo editorial, comezando como responsable do Departamento de Orientación e Investigación Educativa da editorial Anaya. Nesta mesma editorial pasou en 1997 a traballar no Departamento de Publicacións Infantís como Director da Colección Sopa de Libros. En xullo de 2001 foi nombrado Director de Anaya Infantil e Xuvenil, cargo que desempeña na actualidade. De todo o seu período editorial tamén é destacable o feito de que en 1989 fundara a revista de Literatura Infantil “Babar”. Xabier Puente DoCampo naceu en 1946 en Rábade (Terra Chá –Lugo). Home de grandes inqueutedes, foi actor, director de teatro, guionista e director na radio, vídeo e televisión, mestre (un traballo do que xa está xubilado) e, por suposto escritor, sendo autor de literatura infantil e xuvenil. Estas dúas últimas profesións son as que máis tempo da súa vida lle tomaron, sendo un mestre sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica, como así o demostra percencer ó consello de redacción da Revista Galega de Educación e da revista de Literatura Infantil e Xuvenil Fadamorgana. Idioma: --------- Galician Spanish Versión en idioma orixinal: --------- Cuba y los clásicos de la literatura del mar, protagonistas del Salón. Mañana jueves, nueva jornada del ciclo audiovisual en el Teatro Principal Cuba e os clásicos da literatura do mar, protagonistas do Salón. Mañá xoves, nova xeira do ciclo audiovisual no Teatro Principal Teatro, poesía y presentaciones editoriales en la tercera jornada del Salón do Libro. El alcalde de Pontevedra visitará mañana miércoles el Salón acompañado por la edil de cultura Teatro, poesía e preXavier Senín é licenciado en Filoloxía moderna (francés), catedrático de Bacharelato de francés e subdirector xeral de Promoción Cultural, do Libro e Bibliotecas desde 1987 ata xullo de 2006. Na actualidade imparte lingua francesa no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. Ata 2004 foi vicepresidente da Asociación de Traductores Galegos desde a súa creación. Desde 2000 ata febreiro de 2004 foi Presidente da Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI). No mundo editorial realizou diferentes colaboracións como son o seu traballo como corrector lingüístico da Editorial Galaxia entre 1985 e 1987 e coordinador de libros de texto para Ediciones SM (lingua galega e ciencias sociais) e para a Editorial Galaxia?Ediciones SM (lingua e literatura galegas). Paco Martín foi mestre de escola entre 1961 e 2000, actividade que compaxinou coa súa dedicación literaria e outras ocupacións coma o cargo de director do suplemento Axóuxere –Semanario do neno galego- publicado no xornal La Región de Ourense nos anos 1974-1975; o de membro do consello de redacción de A trabe de ouro o de columnista en El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra e a colaboración en volumes colectivos, conferencias, relatorios en congresos internacionais, colaboracións en radio, televisión, pregóns, etc. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1986, Premio IBBY Honour List 1986, White Ravens do 1988 e 1990 da Internationale Jugendbibliothek. O seu libro Das cousas de Ramón Lamote (1985), vai pola 22ª edición publicado por Galaxia. Nesta sesión, estes catro persoeiros da literatura abordarán desde diferentes ámbitos a obra e a personalidade artística de Juan Farias (Ferrol, 1935), escritor de orixe galega, aínda que sempre escribiu en castelán, dado que foi a súa lingua materna, tendo nacido xusto antes do comezo da Guerra Civil. Con todo a súa obra é profundamente galega, xa que un dos temas que a conformaron sempre foi o mar e o referente claramente identificable foi o mar de Galicia.Toda a súa obra pódese (e débese) ler en clave galega porque en Galicia están todos os seus referentes, non só o antedito do mar, senón tamén o do internado brutal de Os nenos numerados ou Aquellos nazis del 43, a guerra civil de Los años difíciles. Na maioría das súas obras encóntranse referencias directas a Galicia: Os corredoiras, El último guardián, Ismael fue marinero, Ronda de suspiros, El paso de los dias, A pousada do sétimo día, entre outras. Esta mesa ten como obxectivo achegar aos lectores e mediadores galegos á obra deste magnífico escritor que é Juan Farias analizando catro aspectos da súa obra e da súa personalidade: a obra, o mar, Galicia, o home e o amigo.

-17.30 h, Contadores de historias (alumnos de Educación Secundaria) acompañados pola actuación do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

-18.00 h e 19.00 h (dúas funcións), teatro para bebés Glub, glub, de Caramuxo Teatro. Recomendado a partir de 6 meses. Entrada libre, aforo reducido. A compañía coruñesa Caramuxo Teatro presenta o primeiro espectáculo de teatro para bebés realizado en Galicia. Unha montaxe para nenos de 6 meses a 3 anos acompañados por adultos. Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para gozar cos fillos e coas fillas da primeira viaxe polo mundo do teatro. Caramuxo Teatro nace na Coruña no 2003 da man de Juan Rodríguez. A compañía está especializada en teatro para nenos e teatro de rúa. Nesta curta andadura xa teñen participado en diferentes mostras, feiras e festivais de Galicia e Portugal. Polas características especiais deste espectáculo, o aforo é reducido e o público, grande e pequeno, senta no escenario, ao carón do intérprete, mantendo unha relación máis próxima entre actor e espectadores. Así, créase un ambiente acolledor e cálido para que os meniños e as meniñas gocen, na gran maioría, da súa primeira experiencia teatral.

-19.00 h, concerto do Conxunto Monterrei. O Conxunto Monterrei vén de gravar o seu primeiro CD no Teatro Principal de Pontevedra. Trátase do novo proxeto musical do gaiteiro de Poio Óscar Ibáñez quen, en compaña dun sexteto musical, interpretará unha selección de temas recompilados en La Habana procedentes do Quinteto Monterrei, unha agrupación de músicos galegos na illa caribeña datada nos principios do século pasado. Na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura armarán toda unha verbena para incitar ao baile a tódolos espectadores do IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, dedicado ao mar e con Cuba, precisamente, como país convidado. O Quinteto Monterrey foi unha formación musical fundada en Cuba a comezos do XX por José Posada, gaiteiro de Rasela (Verín-Ourense). Foi unha agrupación de corte charanga, orquestina, murga ou conxunto rexional propio da época no que a gaita ía acompañada por instrumentos de banda como o clarinete, o cornetín, o saxofón, a caixa ou o bombo con pratos. Grazas ás investigacións realizadas por Oscar Ibañez en 2003, 2005 e 2006 na illa de Cuba, hoxe contamos cunha copia de todo este material na Galiza e varias entrevistas a Rodolfo Posada. Óscar Ibáñez (Pontevedra, 1976) é mestre en Educación Musical pola Universidade de Vigo, Especialista en Música Tradicional Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e gaiteiro. Comezou a tocar a gaita en 1984 con Laureano Mera no grupo Treboada de Poio. Formou parte da Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra coa que percorreu boa parte de Europa participando en festivais internacionais.

-19.00 h, Teatro Principal. Proxecións con entrada libre. El viaje de Said, Goya á mellor curta de animación 2006. Dirixida por Coke Riobóo. 13 min. El viejo y el mar, Óscar á mellor curta de animación 2000. Dirixida por Alexander Petrov. 22 min. Man, 2º premio Festivit 2007. Directores: Xoán Carlos Abraldes, Luís Faraón. 8 minutos. El cerco, mellor curta europea na Berlinale 2006. Directores: Ricardo Íscar e Nacho Martín. 12 minutos. Balseros, mellor documental estranxeiro no Festival del Nuevo Cine Internacional de La Habana 2002. Directores: Carles Bosch e Joseph María Doménech. 120 minutos.

-19.30 h, Pazo da Cultura. Mesa redonda: O álbum ilustrado, con Teresa Durán, Antonio Ventura e Miguel Vázquez Freire. Teresa Duran i Armengol, deseñadora e doutora en pedagoxía traballa, actualmente, como profesora do Departament d’Educació Visual i Plàstica de la Universitat de Barcelona. Escritora. Miguel Vázquez Freire naceu en Corcubión (A Coruña), en 1951. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, na actualidade é Profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Foi codirector da colección Merlín de literatura infantil (Edicións Xerais de Galicia) desde a súa creación ata o ano 2007, ocupación que combinou con outras de peso, como a de dirixir a revista de banda deseñada Golfiño ata a súa desaparición.

-21.00 h, Recinto Feiral. Concerto de Os trasnos de Moscoso. Os Trasnos de Moscos é un grupo composto por 5 rapaces galegos (Gordo, Malvares, Mon, Che e Quinho) que levan creando rap galego máis de 3 anos. En 2006 gravaron a súa primeira maqueta “Denominación de orixe: Rap do País” coa que mesmo outono obtiveron o 3º premio no certame de novos creadores GZ CREA organizado pola Xunta. Actualmente as súas actuacións forman parte da “Rede Galega de Música ao Vivo”, dependente do IGAEM.

-22.30 h, pub La Cabaña. Noites na Cabaña con Tres peixes voando. Entrada libre. Tres peixes voando é o programa da Radio Galega no que se dan cita “un marraxo, unha xarda e un bacallau dende os mares galegos coas músicas do mundo”. “Tres peixes voando” son dúas voces de máxima actualidade na música galega, Ugía Pedreira (Marful, Nordestinas) e Xabier Díaz, ademais dun guitarrista de etiqueta negra, Guillerme Fernández (Berrogüetto). Os tres peixes cantan as cancións que versionan no programa desde o verán do 2006: As súas propias composicións, recuperación de grandes clásicos populares en galego, portugués, español, inglés, francés e italiano. Podemos escoitar na guitarra de Guille e na voz de Xabier e Ugía, a Caetano Veloso, Djavan, Lenine, The Beatles, Paolo Conte, Supertramp, Pedro Guerra, Henri Salvador, Misia, Gardel… e tamén a canción galega dos anos 70, á movida viguesa dos 80 ou a nova e propia composición dos 90.