A compañía Tres Globos chega ao 12º Salón do Libro co seu espectáculo de títeres bocones “Pedro e o Lobo, singular versión” os días 22 e 23 de febreiro ás 18:30 horas no Pazo da Cultura

A compañía Tres Globos chega ao 12º Salón do Libro co seu espectáculo de títeres bocones “Pedro e o Lobo, singular versión” os días 22 e 23 de febreiro ás 18:30 horas no Pazo da Cultura

luns, 21 de Febreiro de 2011

Máis de 25 centros escolares asistirán ás 4 representacións concertadas mentres que para o público en xeral se realizarán dous pases

Pontevedra, 21 de febreiro de 2011.- Tres Globos: “Pedro e o lobo, singular version”. “Pedro e o lobo, singular version” é coma o seu propio nome indica, unha singular versión do conto do pastor troleiro para público infantil, e non tan infantil. Pedro abúrrese moito coidando das ovellas así que conta mentiras de que ven o lobo para pasalo ben. Logo de recibir una bronca do seu pai, Pedro coñece a un can que quere ser pastor e así coidar xuntos de que non veña o lobo, pero evidentemente, o lobo aparece. Un espectáculo de títeres bocones, baseado no movemento da boca en sincronización co texto cunha alta participación e interacción co público. Recomendado a partir de 3 anos. Falar da compañía de teatro Tres Globos é falar de Xan Pérez, quen, cunha ampla formación teatral e unha longa traxectoria neste e noutros eidos coma o cine e a televisión, da vida aos títeres. “O Sapo encantado”, “O parrulo feo” e “Os tres porquiños” son outras das súas representacións.

Entradas á venda unha hora antes de cada función na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de 2,00€

As actividades previstas na programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse do 6 de febreiro ata o sábado 19 de marzo de 2011. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.

Agradecemos a súa difusión.

DEPARTAMENTO DE PRENSA DO SALÓN DO LIBRO