A Concelleira de Cultura, Lola Dopico, presenta a XII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

A Concelleira de Cultura, Lola Dopico, presenta a XII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

martes, 25 de Xaneiro de 2011

Cunha ampla programación para todas as idades, este ano bota a andar baixo o lema É Mentira que fai alusión as mentiras nos contos

A Concelleira de Cultura Lola Dopico presentará... ou non... esta nova edición do máis que consolidado Salón do Libro dende a nova sala de prensa. Son xa doce os anos nos que esta actividade que fomenta a lectura e a imaxinación dos nenos dende idades moi temperás, irrompe cara o mes de Febreiro cargada de contacontos, exposicións, obras de teatro, maxia e obradoiros para pequenos, xoves e adultos. Cunha programación cada vez máis ampla debido a alta acollida por parte do público, inaugurarase o domingo 6 de Febreiro co espectáculo Requetetrolas, da Aula Folque Infantil e se prolongará ata o 19 de Marzo.

Para celebrar unha ducia de anos cheos de imaxinación, de contos e de historias e tamén a inauguración da nova sala de prensa no edificio novo do Concello, haberá sorpresas.

Agradecemos a súa asistencia e difusión.