CONCERTO PARA BEBÉS "...CANDO ME CRECE O NARIZ" DE GOLFIÑOS NA SALA DE OBRADOIROS DO PAZO DA CULTURA

CONCERTO PARA BEBÉS "...CANDO ME CRECE O NARIZ" DE GOLFIÑOS NA SALA DE OBRADOIROS DO PAZO DA CULTURA

venres, 11 de Febreiro de 2011

O sábado 12 ás 11:00 e 12:30 horas en horario matinal e ás 17:00 e 18:30 horas pola tarde

A través de contos musicalizados, xogos e cantigas relacionados coa mentira, Golfiños pretende fomentar e contribuir á estimulación dos máis pequenos. Esta proposta para bebés iniciouse na pasada edición e, dado o seu éxito, foi incluída novamente na programación. O aforo estará limitado a 30 bebés e os seus acompañantes. As entradas, que estarán á venda dende unha hora antes de cada sesión, teñen un custo de 2,00 euros.