Presentación

Presentación

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega de novo á cidade para facernos gozar da literatura e o amplo universo que a rodea. 

O Salón do Libro está pensado para o goce compartido. Nenos e adultos que se divirten e descobren xuntos o mundo dos libros. Por iso preparamos un amplo programa de actividades para toda a familia. Para os máis cativos e tamén para os maiores.

Queremos que te sintas na túa casa, que consideres o Salón do Libro como o teu espazo. Un lugar onde pasar a tarde lendo na sala de lectura, explorando os espazos fantásticos creados para a ocasión, tomando un café no aparcadoiro de pais e nais, gozando dunha tarde de teatro, escoitando contos, asistindo a obradoiros e conferencias…

Ven visitar o teu Salón, porque sexas como sexas, temos preparado algo para ti.