Presentación

Presentación

Unha das razóns polas que nos gustan as historias é porque nos falan da vida a través das emocións, dos comportamentos, dos sentimentos… Este ano queremos afondar nun deses comportamentos: a mentira.

Queremos de verdade descubrir as mentiras que nos contan os personaxes dos contos, ou a mentira que é a historia que estamos a ler, tamén queremos xogar coa mentira como tema na literatura, e como non! ver a mentira das vosas propostas plásticas.

A mentira está presente xa nos primeiros contos que lles contamos aos cativos : o lobo mentiulle a carapuchiña vermella e tamén aos cabritos, Pinocho toleou a todos coas súas mentiras pagando un alto prezo por iso.

A literatura para os maiores tamén está inzada de mentiras, Sancho Panza mente en beneficio de si mesmo e do seu amo sempre que lle convén, e que podemos dicir cando Jorge Luis Borges fala de que “la literatura es la mentira”? . Atrevémonos coa mentira fabulada na obra de Álvaro Cunqueiro?