Presentación

Presentación

Este ano o Salón indagará nas supersticións; de onde  veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.

Ao igual ca noutras edicións, ademais da programación específica no Pazo da Cultura, o Salón volverá sair ás rúas de Pontevedra para celebrar roteiros e actividades de animación, que se intensifican cos pasarrúas polo centro histórico de Troula, Buqueiras Novo e Os Bolechas.

No Salón hai programación concertada e aberta para todos os públicos, dende os bebés ata os máis maiores que contan cunha programación específica teatral, coloquios e conferencias. Ademais todas as semanas haberá presentacións de libros por parte de editorias.

Este ano por primeira vez haberá xogos tradicionais no recinto feiral impartidos pola Asociación Galega de Xogos Tradicionais, asi como cun aberto de billarda, no que poderán participar todos os que o desexen.

No Salón do libro poderanse disfrutar de diversos espectáculos concebidos e producidos para o Salón e que non se poderán ver noutros sitios.

Ven ao Salón, temos algo preparado para ti.

Comeza 12+1. Crucemos os dedos...

 

Horario de apertura:
De luns a venres de 16.30 a 21 h; sábados de 11 a 14 h e de 16.30 a 21 h;
domingos e festivos de 11 a 14 h