Obradoiros para adultos

Obradoiros para adultos

QUERER CONTAR NOS CONTOS (PRAZAS ESGOTADAS)

Con Celso Fernández

Obradoiro de iniciación ao universo da narración oral.

Do Luns 18 ao venres 22 de marzo

De 18:30 a 20:30 h

FABRICANDO AMBIENTE(PRAZAS ESGOTADAS)

Con Ventos estudios ambientais.

Obradoiro de preparación de perfumes, tinguiduras, ecolimpadores, encadernación artesanal, e reutilización e reciclaxe de papel.

Do Luns 18 ao venres 22 de marzo

De 18:30 a 21:00 h.

INICIACIÓN AO ARDUINO (PAZO ABERTO ATA O LUNS 18)

Con Luís Diéguez González

Obradoiro de iniciación ao universo ARDUINO.

Do Luns 18 ao venres 22 de marzo

De 18:30 a 20:30 h.

Utilidades do curso: Os asistentes aprenderán programación, iniciación á electrónica, aplicacións prácticas para facer un sistema domótico, automatización dun aparcadoiro, etc.

Este hardware libre e moi asequible fai que os ordenadores poidan sentir e controlar o mundo físico a través dun ordenador persoal. É unha plataforma de desenvolvemento de computación física de código aberto, baseada nunha placa cun sinxelo microcontrolador e un entorno  para crear sofware (programas) para a placa.

Poderedess usar Arduino para crear obxectos inteactivos, lendo datos de grande variedade de interruptores e sensores e controlar multitude de tipos de luces, motores e outros actuadores físicos. Os proxectos de Arduino poden ser autónomos ou comunicarse cun programa (software) que se execute nun ordenador (Flash, Processing, MaxMSP). A placa pódea montar un mesmo ou mercala xa lista para usar, e o software de desenvolvemento é aberto e de descarga gratuíta.

 

  

A partir de 16 anos.

Inscricións

Pazo da Cultura de Pontevedra

Teléfono 986 833 061

Fax 986 874070

www.salondolibro.org.

E-mail: salondolibro@salondolibro.org

Prazas limitadas.