Presentación

Presentación

“un poema era en realidade unha clase de máquina de producir

un estado mental poético mediante o uso de palabras”.

Paul Valéry

Do latín machĭna, a Máquina é un conxunto de mecanismos formado de elementos móbiles ou fixos dispostos para aproveitar, dirixir, regular ou transformar enerxía, permitindo realizar distintos traballos.

As máquinas se inventaron para solucionar grandes retos: unha grúa ou unha escavadora son máquinas; pero tamén o son una bicicleta, os foguetes espaciasis ou un simple coitelo, o ordenador, as escaleiras mecánicas…todos eles son máquinas e teñen en común unha cousa: son inventos humanos que reducen o esforzo necesario para realizar un traballo.

A máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo o que imaxinemos. Por exemplo: unha máquina para pintar, unha máquina para escribir contos, outra para facer chicles, unha máquina facer cóxegas, unha máquina para volverse  invisible, etc.

O ser humano como máquina, as máquinas e o movemento, o escritor como máquina de combinar palabras, a máquina do tempo, máquinas de música…invitámosvos pois a maquinar sobre as máquinas.

Inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construir…proxectar as ideas e facelas realidade no XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2013 de Pontevedra.