En torno a 500 persoas poideron gozar do espectáculo ‘Meigas Fora’ co que se inaugurou esta mañá o XIII 12+1 Salón do Libro que contou coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela

En torno a 500 persoas poideron gozar do espectáculo ‘Meigas Fora’ co que se inaugurou esta mañá o XIII 12+1 Salón do Libro que contou coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela

domingo, 04 de Marzo de 2012

Posteriormente ao espectáculo da Aula Folque Infantil, que fixo algunha xogarreta ao Alcalde e á concelleira, os nenos encheron a Sala de Exposicións a aproveitaron para ler, xogar e escoitar os contacontos de Pavís Pavós..

 

PONTEVEDRA, 4 de marzo 2012.-  O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, inauguraron esta mañá o 12+1 SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA, que se prolongará ata o 31 de marzo.

O espectáculo da Aula Folque Infantil "Meigas Fora", non deixou indiferente a ninguén xa que veu cargado de humor, música e unha excelente posta en escena. Posta en escena que incluíu a actuación espontánea de Anxos Riveiro que foi “secuestrada” por uns anxiños que a escoltaron ata o escenario. Máis benévolos foron co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Ambas personalidades agradeceron nos seus discursos a todo o equipo que conforma o Salón, ás editoriais, ás compañías de teatro, música, aos expositores, etc e tiveron unha mención e recordo especial para Paco Martín, autor homenaxeado, eMercedes Vázquez, falecida recentemente e unha das propulsoras do Salón.

Unha vez rematado o espectáculo os asistentes desplazáronse ata a Sala de Exposicións que este ano acolle a obra da Escola de Canteiros ‘Santa Compaña’, o carro de Buqueiras Novo, ‘Habelos, hainos’ da AGPI, as Pezas Defensivas de Cerámica Sargadelos, o espazo adicado a Paco Martín e coma cada ano os traballos dos centros escolares e a ambientación xeral elaborada pola escola de tempo libre Paspallás. Alí foron moitas as persoas que gozaron dos contacontos dePavís Pavós, dos espazos destinados aos libreiros, as zonas de lectura, o espazo de GALIX e da exposición en xeral.

Lembrámoslles que as Exposicións do Salón do Libro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de luns a venres de 16:30 horas a 21:00 horas. Os sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os domingos e festivos só abrirán as súas portas de 11:00 a 14:00 horas.

Podedes atopar máis información e fotografías tanto na web  www.salondolibro.org,  coma en Facebook  http://on.fb.me/xX2Q5b e Twitter.

 

Agradecemos a súa difusión

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN