FINA CASALDERREY RECIBE A HOMENAXE DO SALÓN DO LIBRO

FINA CASALDERREY RECIBE A HOMENAXE DO SALÓN DO LIBRO

domingo, 07 de Febreiro de 2010

Pontevedra, 7 de febreiro de 2009 A escritora pontevedresa Fina Casalderrey recibiu este sábado a homenaxe do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. O emotivo encontro, conducido pola profesora Mercedes Vázquez, membro da Asociación Cultural Máislibros, e a coordinadora do Salón, Helena Torres, celebrouse no Salón de Actos do Pazo da Cultura con numeroso público asistente, entre eles, mestres, alumnos e amigos da homenaxeada, así como a delegada provincial da Consellería de Cultura, María Xesús López Escudeiro, e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Lola Dopico, quen lle fixo entrega a Fina dun agasallo do Salón deseñado polo ilustrador Kiko da Silva.