Fruela Alonso trae a Pontevedra cidades nas que nunca pasa nada

Fruela Alonso trae a Pontevedra cidades nas que nunca pasa nada

xoves, 11 de Febreiro de 2010

A exposición está aberta na Galería Sargadelos e enmárcanse dentro do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

A concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Lola Dopico, foi encargada de presentar a exposición ‘... donde nunca pasa nada’ de Fruela Alonso, un artista “moi coñecido e querido para min, formado en Belas Artes, e dos que desfrutan e viven pintando cada día. Ten unha visión moi persoal do mundo das cidades e sempre se amosa disposto a desfrutala e compartila”, asegurou Dopico.

Segundo explicou Alonso, a exposición que se amosa na Galería Sargadelos é do último que está facendo e como o tema do Salón do Libro deste ano é sobre as cidades, “era lo mejor que podía traer”, explicou. As súas obras amosan cidades nas que nunca pasa nada, espazos en silencio, sosegados, pese a representar grandes cidades como Frankfurt.

Outras, como sucede cunha imaxe dunha cidade de Ucrania. Trátase dunha vila abandonada, pantasma na que non vive ninguén pese a ter centos de edificios que demostran que no seu momento foi unha cidade de gran movemento.

“Normalmente repito muchos motivos. En los últimos 4 o 5 años he trabajado sobre unos 10 motivos, pero me gusta volver a trabajar sobre ellos y agotar todas las posibilidades que ofrece una misma imagen”, asegura Fruela Alonso.

A exposición está aberta de luns a venres de 9.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. Os sábados abre de 10.00 a 13.30 horas.