GOLFIÑOS REGRESA ESTE SÁBADO 26 AO PAZO DA CULTURA CO SEU CONCERTO PARA BEBÉS
GOLFIÑOS REGRESA ESTE SÁBADO 26 AO PAZO DA CULTURA CO SEU CONCERTO PARA BEBÉS
Tras o éxito da súa primeira actuación no 12º Salón do Libro, fará gozar de novo a 4 grupos de 30 bebés e os seus acompañantes
- 11:00, 12:30, 17:00, 18:30 na Sala de Obradoiros do Pazo “Cando me crece o nariz” de Golfiños, concerto para bebés e pais pretende ao longo de 30 minutos a través dos contos musicalizados fomentar e contribuir á estimulación dos máis pequenos. Tanto os contos como as músicas están relacionadas co tema central do Salón: a mentira. Con capacidade para 30 bebés e os seus acompañantes ten nun prezo de 2,00 € e as entradas estarán á venda 1 hora antes de cada espectáculo.
Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón do Libro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de Luns a Venres de 17:00 horas a 21:00 horas. Os Sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os Domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.
As actividades previstas na programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse do 6 de febreiro ata o domingo 3 de abril de 2011. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.
DEPARTAMENTO DE PRENSA DO SALÓN DO LIBRO