Grande éxito do Mago Cali no Salón do Libro

Grande éxito do Mago Cali no Salón do Libro

martes, 15 de Febreiro de 2011

Preto de 200 persoas gozaron da súa primeira actuación en Tardes na Sala

Pontevedra, 15 de febreiro de 2011.- A primeira actuación do Mago Cali, no XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, reuniu a preto de 200 nenos e pais, que gozaron xuntos do seu espectáculo “É MAXIA”. O Mago Cali volverá a estar en Tardes na Sala o mércores 16 e o xoves 17 de febreiro, a partires das 17:30 horas, na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra.

O ESPECTÁCULO MÁXICO “É MAXIA” é un espectáculo onde o seu autor, o mago Cali pretende amosar aos máis pequenos como se pode facer maxia con cada palabra converténdoa nunha fascinante historia. Ábrese a porta da imaxinación grazas a lectura e mesturando elementos da vida real con elementos fantásticos fará a través deste espectáculo cargado de sorpresa, ilusión e humor, que nunca perdamos a capacidade de soñar.

Mago Cali: El Mago Vigués Cali, naceu en 1972. Leva máis de 15 anos sobre os escenarios realizando centos de actuacións nos lugares máis diversos: dende restaurantes a programas de televisión, centros escolares ou eventos corporativos para empresa. Os seus espectáculos son sempre dinámicos e totalmente interactivos.