Libros recomendados • Grupos de idade

A partir dos 8 anos

Piratapedia

Martes 14 de agosto de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Pearson Educación (2007)
  • Autor/a: VVAA
  • 19,90 €

Despois de ler este libro non terás dúbida ningunha sobre os segredos dos seres máis malvados do mar: os piratas.

“Despliega la bandera de las tibias y la calavera. Suelta amarras y sube a bordo de esta fantástica y completa Enciclopedia de los Piratas. ¡Los cobardes que se queden en tierra! Coge tu machete y zarpa en esta emocionante aventura a bordo de los navíos más fieros de los siete mares. Conoce a los piratas más crueles, echa el ancla en los puertos más peligrosos y descubre las aventuras más sangrientas de la historia de la piratería”.

Kirikú y las bestias salvajes

Martes 24 de xullo de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Kókinos (2007)
  • Autor/a: Michel Ocelot
  • Tradución: Miguel Ángel Mendo
  • 22,00 €

Segunda entrega das aventuras do máis valente dos bebés: Kirikú. Un libro con CD, unha historia contada polo avó.

Neste álbum veremos o noso heroe pelexando coa terrible hiena negra, enfrontado co misterioso búfalo dos cornos de ouro, viaxando enriba dunha gran xirafa…, e incluso disfrazado de fetiche. Coa súa cautivadora voz, o Avó contará novas aventuras de Kirikú. Para escoitar e para ler.

Os álbumes de Michel Ocelot son especialmente atractivos na súas imaxes, cun colorido deslumbrante; o texto dos contos ven estruturado en forma de diálogos.

Editado por Kókinos “Kirikí y la bruja” e por SM “Azur y Asmar”, do mesmo autor.

Juego de pistas en Volubilis

Martes 12 de xuño de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Kókinos (2007)
  • Autor/a: Max Ducos
  • Tradución: Miguel Ángel Mendo
  • 15,00 €

Un día, unha nena, aburrida porque ten que aprender unha poesía de memoria, descubre unha misteriosa chave oculta no seu escritorio. Trátase dunha primeira pista dun inquietante xogo que a conducirá a descubrir o segredo da súa casa, un moderno edificio chamado Villa Volubilis.

Un álbum coidadísimo e repleto de alusións a obras de arte de Calder, Mondrian, Warhol..., cunhas modernísimas ilustracións lineais e solitarias que recordan quizais o estilo de Hopper. Un apetitoso paseo visual e textual.

Los gigantes de Groil

Venres 11 de maio de 2007 • 1 comentario

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Almuzara (2007)
  • Autor/a: Julia Donaldson
  • Ilustracións: J.M. Ken Niimura
  • Tradución: Ruth García Orozco
  • 14,95 €

Podería considerarse unha continuación do clásico Pedro y las habichuelas mágicas, con dous mundos irreconciliables por un pasado enfrentado: en Groil, o mundo dos xigantes, casi ninguén cre nun mundo de humanos diminutos, os dimiplops, e viceversa. Só no mundo dos contos permanecen ambos hábitats.

Jumbelia, unha rapaza de Groil, morre de ganas de coñecer ós dimiplops; ela sabe que plantando unha faba xigante no país dos dimiplops poderá descender ata alá polo seu talo. Mentras ela baixa polo ambiplant, os irmáns Jones están a xogar no seu xardín ignorantes do problema xigante que lles vai caer.

Os xigantes de Groil teñen un idioma inventado que precisa dun vocabulario que atoparedes ó final da historia. Trátase dun best seller internacional que pronto será levado ó cine da man dos productores da saga cinematográfica de Harry Potter.

Zarpalanas, la mejor mascota

Venres 4 de maio de 2007 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Ediciones B (2007)
  • Autor/a: Cornelia Funke
  • Tradución: María Alonso
  • 9,95 €

Zarpalanas non é un monstro de terra como calquera outro. Zarpalanas é moi especial: non lle gustan as cousas coas que gozarían outros monstros, a él gústanlle os nenos, o xabrón e a música, mellor dito, encántalle a música...

Por iso quere mudarse a casa do seu novo amigo Kali: pode comer o que lle pete da “caixa fría”, mergullarse na ducha para comer o xabrón, ou escoitar como a nai de Kali toca o piano..., ¡¡encántalle escoitar música!!

Kali atopa en Zarpalanas un compañeiro divertido, provocador..., unha mascota xenial. O problema, sempre hai un, é a madre de Kali porque é moi estricta, e tamén o pai que non é moi estricto pero sí alerxico ós animais...Non será tarea fácil que Zarpalanas acabe como mascota.

Animais fantásticos

Venres 4 de maio de 2007 • 1 comentario

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Galego
  • Editorial: Kalandraka (2007)
  • Texto: José Jorge Letria
  • Ilustracións: André Letria
  • Tradución: Xosé Ballesteros
  • 14,00 €

Hai animais verdadeiros, reais, e outros fantásticos ou marabillosos que naceron da imaxinación humana, que pasaron a ocupar un espazo no imaxinario poético das civilizacións, nas mitoloxías, nos libros de contos e lendas tradicionais, alimentando a sede de fantasía de nenos e adultos...

Este é un álbum de iniciación á mitoloxia cun repertorio de 19 animais máxicos, representados con diferentes técnicas de ilustración, que propón unha viaxe a través da memoria dos tempos e da imaxinación colectiva. Imos coñecer a Ave Fénix, o Basilisco, o Centauro, a Esfinxe...

Tamén dispoñible en castelán

La Historia. La historia de la humanidad ilustrada con los clicks y las claks de toda la vida

Mércores 20 de decembro de 2006 • 1 comentario

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: SM (2006)
  • Autor/a: Richard Unglik
  • Tradución: Jimena Licitra
  • 20,00 €

Un percorrido moi orixinal dende a Prehistoria ata a conquista do espacio en pleno século XX, pasando polo Antigo Exipto, a Idade Media, o Século de ouro… Todos os personaxes desta impactante historia son os coñecidos bonecos de Playmobil que evolucionan do Playmopitecus ó Playmo sapiens sapiens, inventan o lume, aprenden a cazar animais, crean fabulosas civilizacións na máis remota antigüidade, e ata chegan á lúa.

Unha excelente aproximación á nosa historia dende una perspectiva moi nova e cercana para os nenos e nenas de entre oito e dez anos, salpicada de curiosidades tanto no texto como nunha plástica diferente e atractiva.

MOMA En busca del arte

Mércores 8 de novembro de 2006 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: RBA - Ediciones Serres (2006)
  • Texto: Jon Scieszka
  • Ilustracións: Lane Smith
  • Tradución: José Morán
  • 12,00 €

Este delicioso álbum ilustrado ven adicado “a todos los que buscan arte”, e saben aprecialo… Artemiro e o seu amigo están de vacacións en Nova York coas súas familias; esta frenética aventura comeza cunha cita de Arte (chamámoslle así para abreviar) e o seu mellor amigo na esquina da rúa 5 coa 53 da cidade dos rañaceos. Arte non aparece e o seu amigo pregunta a unha muller que pasa despistada (¿ou quizais estaba un pouco xorda?): “¿Viu vostede a Arte…?” Estando tan preto do museo de arte moderno de Nueva York (MOMA), a boa señora indícalle un bonito edificio onde sen dúbida atopará o seu amigo. Evidentemente referíase á sede do famoso museo neoyorkino e é así como comenzamos un frenético paseo polas salas do MOMA en busca de Arte…

Dende Van Gogh a Calder, de Andy Warhol a Lichtenstein, de Matisse a Miró pasando por Dalí, Picasso, Duchamp, Klee e un longo listado dos mellores artistas do século XX.

Nas páxinas finais do libro ¡por fin atopamos a Arte!, pero xa fixemos un riguroso recorrido por un dos máis famosos museos do mundo no que se refire á arte moderna.

El taller de Gaudí

Luns 9 de outubro de 2006 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Cromosoma (2006)
  • Autor/a: Roser Capdevila
  • 25,00 €

Colección “La gran biblioteca de las tres mellizas”, con DVD.

Gaudí nunca puidera imaxinar que as Xemelgas aparecerían na súa vida. Pero a bruxa Aburrida quiso que o coñecesen e mandounas á Barcelona de principios do século XX. Alí, as nenas comparten co arquitecto un dos momentos máis importantes da súa vida: A construcción da Pedrera. Se che apetece saber as aventuras que viven con él, mergúllate nas páxinas deste conto… Se queres saber máis cousas sobre a vida e as obras dun dos mellores arquitectos de todos os tempos, visita El rincón de los sabios, a segunda parte deste libro e descubrirás moitos secretos deste xenial artista.

Mirar a pintura a través dos séculos

Martes 12 de setembro de 2006 • Comenta este libro

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Galego
  • Editorial: Factoría K de libros (2006)
  • Texto: Caroline Desnoëttes
  • Tradución: Emma Lázare
  • 22,00 €

Mirar a pintura a través dos séculos propón unha galería de arte dende o estilo gótico internacional, entre os séculos XIV e XV, ata a arte figurativa e abstracta de Chagall no século XX. A estructura repítese sobre unha obra de arte que se toma como representativa de cada un dos movementos artísticos estudiados, 18 en total. A través das lapelas que se levantan nas páxinas vemos os pormenores dos lenzos ou ben as gamas cromáticas que, nunha primeira ollada, non valorariamos facilmente.

Un estudo de cada movemento, autor e obra, cara o final do álbum , destaca as innovacións e significados ocultos de cada un dos lenzos seleccionados... Unha obra imprescindíbel para o estudo das ciencias sociais, da literatura e, por suposto, da arte.

Esta é a primeira obra deste tipo en lingua galega: dámoslle a benvida a esta iniciativa editorial tan exquisitamente ben presentada como vén sendo habitual en Factoría K de libros.

Un álbum para comer cos ollos, para todas as idades.

Pequeños europeos

Venres 4 de agosto de 2006 • 1 comentario

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Beta Editorial (2004)
  • Autor/a: Nicole Lambert
  • 24,00 €

Este libro levaranos a descubrir todo aquilo que constitúe o sabor da infancia nos 25 países da Europa ampliada; os caramelos, as cancións que se aprenden desde moi pequenos, o que dá medo e o que fai rir, o nome das bruxas locais e a palabra para dicir pis e caca en todas as línguas, o que ocorre en Nadal e cando cae un dente. É unha guía que nos abre a porta a un rico crisol de costumes, crenzas e tópicos de todos os países que constitúen esa Europa comunitaria na que van desenvolverse na súa vida adulta.

Kafka y la muñeca viajera

Luns 3 de xullo de 2006 • 4 comentarios

  • A partir dos 8 anos
  • Idioma: Español
  • Editorial: Siruela (colección Las Tres Edades) (2006)
  • Texto: Jordi Sierra i Fabra
  • Ilustracións: Pep Montserrat
  • 16,50 €

Un ano antes da súa morte, Frank Kafka, recoñecido autor de A Metamorfose entre outras obras mestras, vivíu unha experiencia insólita: paseando por un parque de Berlín atopou a unha nena chorando desconsoladamente porque perdera á súa boneca. Para calmar á pequena, Kafka inventou unha peculiar historia na que a boneca, en vez de perderse marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro de bonecas, tiña unha carta que lle levaría ó día seguinte ó parque. Aquela noite Frank escribíu a primeira das moitas cartas que, durante tres semanas, entregou á pequena puntualmente narrando as peripecias da extraordinaria boneca desde diferentes recantos do mundo.

Unha narración exquisita que debería, endebén, esixir unha lectura compartida cun adulto para poder comprender toda a maxia que ten a historia e que subliña a capacidade dalgúns adultos para se mergullar no fantástico mundo infantil: "...os poetas erguen castelos no aire, os tolos habítanos, e alguén, na vida real, cobra o alugueiro."

© 2006–2010 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra