Libros recomendados

Cartas que veñen e van (libro con CD)

Mércores 8 de novembro de 2006 • 3 comentarios

  • A partir dos 4 anos
  • Editorial: Primerapersona (2006)
  • Autor/a: Susa Herrera con Mamá Cabra
  • ISBN: 84-95923-24-6
  • Prezo: 23,00 €

“Xa non escribimos cartas… Mágoa. As cartas son misteriosas, traen novas, contan segredos… Cartas que veñen e van, un proxecto que integra a aprendizaxe e o ensino de todas as linguaxes cos contidos da educación infantil e do primeiro ciclo da primaria: animais domésticos e salvaxes, as cores, os contrarios, as partes do corpo, psicomotricidade, ritmos, sons…”

Cartas que veñen e van xunta unha serie de cartas que propoñen magníficas actividades para desenrrolar nas aulas e nos traballos colectivos, sen esquecer nunca a ilusión de recibir unha carta inesperada. Así, o poliño Pepe (no galiñeiro da casa grande, Estrada do Campo da Feria, en Rábade), a vaca Sofía que tanto ama a música (nas cortes de estabulación libre, na Serra de Outes), e moitos máis, reciben unha simpática misiva cunha canción exclusiva para cada un deles, e varias propostas de xogos e actividades que nos ensinan a aprender dun xeito divertido.

Unha posta en escena de excelente calidade que Susa Herrera agradece no propio texto a Asociación Pedagóxico- Musical Soutullo (xérmolo do mesmo), e a Mamá Cabra polo seu entusiasmo e colaboración…

Hai 3 comentarios

LORENA dixo o 4 de febreiro de 2008 ás 21:18:

Ola, quero comentar que gústame moito este libro, utilízoo moito na miña aula de educación infantil, e tanto os nenos coma min estamos encantados. Ainda que no fun capaz de encontrar tódolos contos que teñen relacións cas cancións e actividades que o libro propón.Si me podedes axudar tamén volo agradezo. Grazas.

Laura dixo o 18 de maio de 2008 ás 13:28:

Bos dias me encanta o teu libro

Miguel dixo o 22 de xaneiro de 2009 ás 00:41:

Ola, teño que dicir que tamén eu e os meus rapaces e rapazas estamos encantados de traballar con este libro e as súas cancións, pero pásame o mesmo que a Lorena.Non encontro tódolos contos aos que este libro fai referencia. Eu tamén necesito a vosa axuda, xa que estou moi interesado.

Comenta este libro


© 2006–2009 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra