Libros recomendados

Kafka y la muñeca viajera

Luns 3 de xullo de 2006 • 4 comentarios

  • A partir dos 8 anos
  • Editorial: Siruela (colección Las Tres Edades) (2006)
  • Texto: Jordi Sierra i Fabra
  • Ilustracións: Pep Montserrat
  • Prezo: 16,50 €

Un ano antes da súa morte, Frank Kafka, recoñecido autor de A Metamorfose entre outras obras mestras, vivíu unha experiencia insólita: paseando por un parque de Berlín atopou a unha nena chorando desconsoladamente porque perdera á súa boneca. Para calmar á pequena, Kafka inventou unha peculiar historia na que a boneca, en vez de perderse marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro de bonecas, tiña unha carta que lle levaría ó día seguinte ó parque. Aquela noite Frank escribíu a primeira das moitas cartas que, durante tres semanas, entregou á pequena puntualmente narrando as peripecias da extraordinaria boneca desde diferentes recantos do mundo.

Unha narración exquisita que debería, endebén, esixir unha lectura compartida cun adulto para poder comprender toda a maxia que ten a historia e que subliña a capacidade dalgúns adultos para se mergullar no fantástico mundo infantil: "...os poetas erguen castelos no aire, os tolos habítanos, e alguén, na vida real, cobra o alugueiro."

Hai 4 comentarios

olalla regueiro poisa dixo o 4 de xaneiro de 2008 ás 16:34:

boas tardes,chamome OLALLA e teño 12 anos .este nadal cando espertei o dia 25 cediño pola maña atopei no sofa da galeria un libro envolto nun papel de seda(na miña imaxinacion) foi o primeiro agasallo que abrin e o mais significativo de todos eles...
un libro ,un soño ,unha fantasia ,unha soa boneca ,unha nena e KAFKA...
CANDO REMATEI DE LER O LIBRO QUE TEÑO NO MEU REGAZO INVADIUME UN SENTIMENTO MOI ESPECIAL QUE INDA DENDE ENTON NON SEI idetificar...
bicos a todolos lectores dun libro tam agarimoso.:)
olalla

olalla dixo o 21 de xaneiro de 2008 ás 15:50:

ola son olalla de novo gustaríame moito que as persoas que leron este libro escribiran 1 comentari na páxina porfavor ¡contestarei!eu visito esta paxina moi amiudo e desexobos moitas felicidades por esta boa paxina¡¡¡
moiittoss BIQUIÑOSS

olalla dixo o 30 de xaneiro de 2008 ás 17:43:

ola son olalla ningen me contesta estou triste ...:(;(,(:(:(:(saquei 1un 10 en mates e galego¡¡¡¡ BENNN

sabela dixo o 16 de febreiro de 2009 ás 00:53:

heino mercar e lereino.Despois xa che comentarei

Comenta este libro

© 2006–2011 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra