Martes 14 de agosto de 2007 • 1 comentario
Osiños brancos, morsas, raposos polares, renos, carráns…, todos se esconden tras os mares e xeos dos Polos. Movendo as lingüetas iremos descubrindo os amigos de Pingüino e aprenderemos a contar ata dez. Un libro con follas de cartón, que resiste os envites das mans máis miúdas, e que amosa dun xeito moi sinxelo a fauna do medio polar, ao tempo que propón un xogo por páxina.
É un libro precioso e moi entretido, disfrutei moito aprendendo a contar cos animáis polares.
Os pingüíns son os meus favoritos
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra