Venres 4 de maio de 2007 • Comenta este libro
“Había unha vez unha selva onde vivía un elefante gordo e gris...,un elefante gris con lunares morados, que non tiña nada de raro”
Un elefante gris que está namorado dunha formiga con cintura de avespa, que o deixou pasmado..., e non ten nada de raro.
Cando o verán ía rematar, o elefante decatouse de que non volvería a vela ata o verán seguinte e preparouse para confesar o seu amor; a formiga chegou cargando unha folla que dicía “sígueme”, e o elefante gris con lunares morados seguíuna...Así comeza unha linda historia de amor que non ten nada de raro.
Un álbum cunhas excelentes ilustracións que permiten unha lectura de imaxes impecable,... que non ten nada de raro.
Tamén dispoñible en castelán
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra