Mañá, martes 15 de febreiro ás 13:00 horas na Sala de Prensa do Concello, a Concelleira de Cultura Lola Dopico e Quico Cadaval presentan as “Xornadas Excéntricas”

Mañá, martes 15 de febreiro ás 13:00 horas na Sala de Prensa do Concello, a Concelleira de Cultura Lola Dopico e Quico Cadaval presentan as “Xornadas Excéntricas”

luns, 14 de Febreiro de 2011

“Shakespeare para ignorantes” de Mofa e Befa e “Un Cranio Furado” no Pazo da Cultura de Mércores a Sábado ás 21:00 horas

Pontevedra, 14 de febreiro de 2011.- “Xornadas Éxcentricas” forma parte do ciclo de teatro xuvenil-adulto que se incluíu como novidade no 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Estas dúas representacións de Producións Teatrais Excéntricas están dirixidas por Quico Cadaval. O mércores 16 e xoves 17 de febreiro ás 21:00 horas no Pazo da Cultura, “Shakespeare para ignorantes” de Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Victor Mosqueira). O venres 18 e sábado 19 de febreiro ás 21:00 horas no Pazo da Cultura “Un Cranio furado” representado por Evaristo Calvo , Victor Mosqueira, Dorotea Bárcena e Santy Roman.

As actividades previstas na programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse do 6 de febreiro ata o sábado 19 de marzo de 2011. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.

Agradecemos a súa difusión.