Mañá, sábado 19, clausúranse as “Xornadas Excéntricas” co derradeiro pase de “Un Cranio furado”

Mañá, sábado 19, clausúranse as “Xornadas Excéntricas” co derradeiro pase de “Un Cranio furado”

venres, 18 de Febreiro de 2011

Tras doús días de éxitos con “Shakespeare para Ignorantes”, hoxe e mañá poderán gozar de “Un Cranio Furado” no que comparten escenario Dorotea Bárcena, Santi Romay, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo

As “Xornadas Excéntricas” chegan ao ecuador coa primeira representación de “Un Cranio furado” concertada con centros escolares que tivo lugar está mañá, e da que o público en xeral poderá gozar hoxe e mañá as 21:00 horas no Pazo da Cultura. Esta peza teatral de Producións Teatrais Excéntricas, dirixida por Quico Cadaval acontece nun cementerio e conta como o enterrador local, Mick, ten que trasladar os restos da súa esposa, morta hai sete anos nun accidente de tráfico, aínda que moita xente no pobo que pensa que non foi un accidente… A excelente interpretación de todo o elenco, Dorotea Bárcena, Santi Romay, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo fan desta obra moderna, comercial e sobretodo cómica, un espectáculo máis que recomendable.

As actividades previstas na programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse entre o 6 de febreiro e o sábado 19 de marzo de 2011. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.

Agradecemos a súa difusión.

Departamento de Prensa do Salón do Libro