Mañá, venres 18, Golfiños amenizará ás Tardes na Sala cos seus contos cantados, mentres que Quico Cadaval compartirá a súa sabedoría nunha conferencia sobre a mentira

Mañá, venres 18, Golfiños amenizará ás Tardes na Sala cos seus contos cantados, mentres que Quico Cadaval compartirá a súa sabedoría nunha conferencia sobre a mentira

xoves, 17 de Febreiro de 2011
  • 17:30 - Contos Cantados de Golfiños: “Polo mar andan as lebres e polo monte as sardiñas”. Dentro da programación das Tardes na Sala, Golfiños, a través de contos e cantigas tradicionais amosa a presenza da mentira, tema central do 12º Salón do Libro, nas creación literarias e musicais cun espectáculo interactivo cos rapaces.

  • 19:00 – Conferencia de Quico Cadaval: “A mentira: modo de emprego”. O polifacético Quico Cadaval, autor, director e narrador galego chega a Pontevedra non só para dirixir as obras "Shakespeare para ignorantes" e "Un Cranio furado" senon para tentar transmitir unha parte da súa sabedoría coa sua conferencia "A mentira: modo de emprego". Quen mellor que él, experto creador e contador de historias para explicarnos e recomendarnos, de xeito máis que ameno e humorístico, sobre os diferentes usos da mentira.

Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón do Libro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de Luns a Venres de 17:00 horas a 21:00 horas. Os Sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os Domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.

As actividades previstas na programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse do 6 de febreiro ata o sábado 19 de marzo de 2011. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.

DEPARTAMENTO DE PRENSA DO SALÓN DO LIBRO