No ecuador do XIII 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra máis de 11.600 persoas participaron activamente nas actividades programadas para público familiar e concertadas con centros escolares

No ecuador do XIII 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra máis de 11.600 persoas participaron activamente nas actividades programadas para público familiar e concertadas con centros escolares

luns, 19 de Marzo de 2012

O pase dos dous primeiros espectáculos inéditos “O parrulo feo” e “A bela adormecida” e o Quebranoces crearon unha enorme expectación que agardamos se manteña esta semana con “As manoplas de Carapuchiña”: o conto cantado de OQO Editora por Maria Lado, Lucía Aldao e a SPJ.

 

PONTEVEDRA, 19 de marzo de 2012.-  Cando xa transcorreron dúas semanas dende que esta edición do Salón botara a andar, son xa mais de 11.500 as persoas que participaron das actividades que conforman a programación.

Os cativos encheron as Tardes na Sala pólas que pasaron nesta última semana os “Animais Encantadores” de Susa Herrera, o espectáculo “Que mala sorte” de Tália Teatro, o contacontos do libro “Crisol e a súa estrela” e os “Contacontos da Fábula Galénica” de Ignacio Vilariño.

Destacamos a afluencia de público coa que contaron “O parrulo feo” da Banda de Música de Pontevedra e Pavís Pavós no Teatro Principal e os contos, música e danza “A bela Adormecida” e “O quebranoces” postos en escena pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Pavís Pavós e  Escola de Danza Druida. Este completo espectáculo non deixou indiferentes aos asistentes que encheron o Pazo da Cultura. Ambas actividades forman parte dos espectáculos inéditos que se produciron exclusivamente para o 12+1 Salón do Libro.

Non foi menos o poder de convocatória da obra teatral para público xuvenil e adulto “Pelos na língua” de Talía Teatro e os máis que consolidados concertos para bebés “Sorte Sortiña” que impartíu Golfiños en 4 sesións. Os xogos tradicionais e o aberto de billarda fixeiron máis amena a chuviosa xornada do sábado.

As presentacións de libros, os coloquios e a contada de Quico Cadaval completaron a intensa programación para público en xeral.

Do mesmo xeito e ao longo de toda a semana foron moitos os centros escolares que pasaron pólo Salón para visitarlo, realizar roteiros, obradoiros ou asistir as funcións teatrais concertadas, de Talía Teatro e Mofa e Befa.

 

A programación desta semana que empeza, iniciarase esta tarde coma sempre ás 17:00 horas cun contacontos ilustrado en directo e un posterior obradoiro de ilustración da man de Polo Correo do Vento.

Continuará coa terceira visita de Os Bolechas que re-volven o Salón do Libro esta tarde ás 18:30 horas.

O colóquio arredor dos Gazafellos, que contará coa presenza de Pepe Carballude, Xosé Miranda e Ramón Rozas como moderador, pechan a xornada ás 20:00 horas.

Cabe destacar dentro da programación semanal o terceiro espectáculo inédito: o conto cantado “As manoplas de Carapuchiña” que terá lugar os días 21 e 22 de marzo ás 18:30 no Auditorio do Pazo. Inspirado no conto de OQO Editora contará coa actriz e poetisa María Lado como contadora, a voz de Lucía Aldao que compuxo as cantigas xunto con María en exclusiva para o espectáculo, e a música do Seminario Permanente de Jazz. Recomendado a partir de 4 anos. Entradas á venda na billeteira do Pazo unha hora antes da función a un prezo de 3,00€.

Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón doLibro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de luns a venres de 16:30 horas a 21:00 horas. Os sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.

As actividades previstas na programación do 12+1 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse entre o 4 e o 31 de marzo de 2012. Pode consultar más información en www.salondolibro.org, Facebook e Twitter.

 

Agradecemos a súa difusión,

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN