Luns, 17 de decembro de 2007
A Asociación Galega de Editores galardonou o pasado 14 de decembro ao Salón do Libro pola súa colaboración no labor editorial
Este venres, día 14 de decembro, o Aquarium Finisterrae da Coruña acollía a entrega dos segundos premios da Asociación Galega de Editores. Uns premios sen dotación económica, outorgados polas corenta e catro edotiras que forman parte da Asocición, previa presetnación das candidturas que consideren oportunas.
O Salón do Libro recollía o Premio Francisco Fernández del Riego á colaboración no labor editorial do ano, co que se pretende recoñecer o traballo realizado por unha persoa, colectivo de persoas, entidade ou institución das que colaboran co sector editorial ou que participan na promoción do libro editado en lingua galega.
Neste premio víase reflectido o esforzo que se leva a cabo neste evento, pero sobre de todo a ilusión coa que se traballa e coa que tódolos colaboradores, colexios participantes, profesionais que o integran, entidades e asociacións apoian e disfrutan o "encontro máxico cos libros".
Outros dos premiados da noite foron Anxos Sumai, quen obtivo o premio á mellor autora do ano; Carlos Silvar, que levou o premio de ilustración por "Guía de mamíferos de Galicia"; Sechu Sende, gañador do premio Ánxel Casal ao mellor libro por Made in Galiza; Agustín Fernández Paz, galardoado co premio Neira Vilas ao libro xuvenil e Xavier Senín, recoñecido co premio Lois Tobío a traducción por A Odisea. Por último o recoñecemento á edición histórica foi parar a A Nosa Terra, A Voz de Galicia e Alvarellos Editora.
© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra