Xa se pode visitar o XXXI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Madrid

Venres, 21 de decembro de 2007

O homónimo madrileño abre as súas portas nesta XXXI edición entregando os premios Lazarillo e Platero.

Onte, 20 de decembro, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Madrid daba á benvida aos asistentes a esta XXI edición, que se poderá visitar ata o 20 de xaneiro do 2008.

Como xa é tradición, o acto de inauguración veu acompañado da entrega dos premios Lazarillo 2008, cos que se recoñeceu a labor de Jesús Cisneros na modalidade de álbum ilustrado por Ramón, un proxecto do que tamén é autor. Na modalidade de creación literaria, o galardón concedeuse ex-aequo a Luz Álvarez García por Alba de Montnegre. Toledo 1490/91 e a Miguel Ángel Mendo por Aeternum o Memorias de un inmortal (joven).

O Salón do Libro, sito no C.C. Casa de Vacas, no parque do Retiro de Madrid, poderá visitarse ata o 20 de xaneiro de 2008, e os asistentes terán oportunidade de ver exposicións como son:

  • Libros de la Rosa de los Vientos

  • Imagen de las Infancias del Mundo

  • Calle de los Ilustradores: Ulises Wensell

Igualmente, poderase participar en diferentes actividades, obradoiros, sesións de contacontos, ver obras de teatro, proxeccións de películas, coñecer as propostas libreiras das principais editoriais (Anaya, Everest, McMillan...)... Algúns dos exemplos máis interesantes son as obras "Apareció", da compañía de teatro TYL TYL, para nenos de entre 3 meses e 8 anos; o encontro "Mi encuentro con el escritor Ronnie Oren"; ou "Palabras e imágenes" un encontro entre escritores e ilustradores como por exemplo Miguel Angel Mendo, Concha López Narváez, Xan López Domínguez, Rafael Salmerón...

Tamén é de destacar a homenaxe que se rendirá hoxe mesmo á escritora Montserrat del Amo e o que terá lugar o día 17 de xaneiro ao editor Ignacio Medrano.

Para máis información podedes consultar o programa ao completo nesta dirección web: http://www.oepli.org/esp/actividades/semanlibrocastellana.htm

© 2006–2008 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra