Mércores, 10 de febreiro de 2010
Caramuxo teatro presenta no escenario o gran éxito editorial galego: “Os Bolechas”, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosará un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns.
OS BONECOS
Os bonecos utilizados no espectáculo son tipo Muppets e están tallados en gomaescuma. A elaboración dos títeres encargóuselle a Marcelo Fernández, recoñecido titiriteiro arxentino, que ten relizados diferentes traballos para teatro, cinema e televisión en diferentes lugares do mundo.
O ATREZZO E A ESCENOGRAFÍA
Os diferentes elementos de atrezzo que se usan durante a representación foron realizados por Caramuxo teatro e están elaborados en gomaescuma, madeira e metais.
O AUTOR
O texto está creado en colaboración entre a compañía e o autor de Os Bolechas, Pepe Carreiro. Por toda a súa traxectoria recibiu en 2003 o Premio Ourense de Banda Deseñada, que recoñece cada ano unha iniciativa ou persoeiro relevante da novena arte en Galicia.
Os membros do elenco son Xosé M. Esperante, Laura Sarasola e Juan Rodríguez. Público: + 3 anos.
Duración: 45 minutos. A entrada custa 3 €, con desconto do 50% para os menores de 12 anos. Venda anticipada na billeteira, dende unha hora antes dos espectáculos.
© 2006–2011 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra