O ALCALDE DE PONTEVEDRA SAÚDA AOS NENOS E NENAS ASISTENTES AO 11º SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Xoves, 11 de febreiro de 2010

O XI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra conta hoxe cun convidado especial: Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra asistiu ás actividades organizadas pola mañá nas instalacións do Pazo da Cultura.

Á súa chegada ao Salón do Libro, visitou os contacontos de Celso Fernández, Queliña e Pavís Pavós na sala de exposicións do Pazo, onde tamén realizou a súa interpretación de Migallas. Os asistentes aos contacontos e aos obradoiros, tamén puideron compartir un momento con Lores.

Miguel Anxo Fernández Lores saudou aos “Bolechas” no Auditorio do Pazo da Cultura durante a primeira sesión teatral desta mañá.

O alcalde tamén recibiu aos nenos e nenas que realizaron o roteiro urbano do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que hoxe percorreu o Mercado de Abastos, a praza Valentín García Escudero, a rúa Arcebispo Malvar, a praza de Santa María, a avenida de Montero Ríos, a praza de San José e a praza de Galicia para chegar a encontrarse con Miguel Anxo Fernández Lores.

© 2006–2011 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra