O xoves remata o obradoiro “A CIDADE ENORME” de OQO Editora

Martes, 16 de febreiro de 2010

Esta actividade do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL contou 300 nenos e nenas durante 8 xornadas.

“Algún día construirei un barco moi grande, que surcará o mundo ao longo e ao ancho.” Con esta frase, os participantes no Obradoiro “A cidade enorme”, de OQO Editora, iniciaron unha viaxe por distintas capitais do mundo: París, Roma, El Cairo, Moscova, Dehli, Beijing, Sydney, México D.F., Nova York e Londres.

Nenos e nenas viaxan en barco, coche e avión para visitar outros países, coñecer un pouco máis a súa cultura e ao final, elaborar entre todos os rapaces participantes un álbum de viaxe onde se recollan as anécdotas e curiosidades na nosa aventura. A actividade comezará coa presentación do conto “A GRANDE VIAXE” de OQO Editora.

E deste xeito, os públicos infantís tamén que, para viaxar, é preciso ter un pasaporte, preparar a maleta e meter nela todo o que podamos precisar (cámara de fotos, que roupa levar, crema solar, un diccionario de idiomas, prismático,...). Tamén teñen en conta a moeda do país ao que nos dirixamos. E unha vez chegados ao destino, que visitar, onde aloxarse, en que idioma falar, que comer, que animais habitan na zona ou son característicos dalí… Cuestións que se presentarán ao longo da visita e que hai que contestar de xeito oral e escrito, procurando estimular as capacidades do uso do galego orais e escritas. Como testemuño do noso percorrido, escriben postais de viaxe e mercan algún recordo do paso polas cidades visitadas.

O Pazo da Cultura tamén acolle ata o venres outros dous obradoiros, adicados á ilustración e á escrita creativa. Anxo Fariña é o artista responsable do Obradoiro de Ilustración, e realiza traballos centrando o seu labor na creatividade dos públicos infantís.

Tras a publicación dos libros “Os magos das formas” e “Xabi non pode durmir”, Anxo Fariña ten ilustrado varios libros dentro da colección “Don Quixote e Breogán (2005): “Na aventura dos muíños”, “O exército de Ovellas”, “Dulcinea, a nena cabaleira”, “A pousada encantada”, “O dragón voador” e “O león durmiñón”. De seguido, ilustrou a colección “Antón e Pompón” (2005 – 2006).

Tagen Ata organiza o obradoiro de escrita, no que os rapaces e rapazas asistentes poñen a proba a súa imaxinación á hora de poñer as historias sobre o papel.

© 2006–2011 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra