“Do, Re, Mi, Mozart xoga aquí” enche as "TARDES NA SALA" NO PAZO DA CULTURA

Venres, 26 de febreiro de 2010

A asistencia de máis de 100 persoas ao espectáculo de títeres Cachirulo confirma o alto éxito de asistencia do público nesta edición de “Tardes na Sala”, o 11º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Do, re, mi, Mozart xoga aquí encheu de música e humor a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura cun espectáculo teatral pensado para públicos infantís, a partir de 2 anos, que puido gozar dunha hora de espectáculo gratuíto.

Inspirándose na vida do compositor musical, Cachirulo títeres trae ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil un espectáculo de marionetas de fío talladas en madeira, que desenvolven a acción nun retablo barroco. A invitación do emperador para que Mozart interprete a súa música provoca a envexa do mestre de cámara, que tentará impedir o concerto sen chegar a conseguilo.

Todos os que non puideron acudir a esta sesión, terán a posibilidade de ver de novo a obra de Cachirulo os vindeiros 4 e 11 de marzo de 2010.

© 2006–2010 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra