OS CONTOS DE QUELIÑA REVIVEN AS CIDADES DAS "TARDES NA SALA" ESTE SÁBADO

Venres, 5 de marzo de 2010

Este sábado, as instalacións do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollen a Raquel Queizás que interpreta á contacontacontos Queliña e coas súas historias e anécdotas entreterá aos nenos e nenas que se acheguen coas súas familias a partir das 18.00 horas. Esta actividade está recomendada para públicos infantís, a partir dos 3 anos e a entrada é de balde.

Co fío condutor das cidades como temática central, Queliña narra contos como “A cidade que tiña de todo” ou “Lucinda e o policía vinagre” ata percorrer todos os lugares urbanos nos que pode vivir unha familia, que acabará escollendo as aforas da cidade para asentar o seu fogar. Co propósito de poñer en escena esta historia, Raquel Queizás construíu o seu propio teatro de papel xaponés, coñecido como “kamishibai”.

A programación do 11º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolverase ata o domingo, 14 de marzo de 2010, así como a apertura das exposicións adicadas ao autor homenaxeado deste ano, Agustín Fernández Paz e ao libro de Xosé Cobas, os espazos preparados por alumnos de Belas Artes e pola escola de tempo libre Paspallás.

O Sábado poderanse visitar entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e pola tarde, de 17.00 a 21:00 horas. O Domingo só abrirán as súas portas en horario matinal.

© 2006–2011 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra