Sábado, 13 de marzo de 2010
A presente edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra recoñece a traxectoria do profesor Agustín Fernández Paz como autor e promotor da literatura galega. Con propósito de renderlle un merecido tributo, 200 persoas convocáronse no Salón de Actos do Pazo da Cultura.
Presentou o acto a concelleira de Cultura, Lola Dopico Aneiros, quen deu paso ao coñecido de Agustín Fernández Paz e escritor, Xabier P. do Campo. Ambos intercambiaron emotivos acrónimos nos que desgranaron un abecedario de conceptos relacionados coa literatura, a amizade e os valores humanos.
Pola súa parte, a concelleira de Cultura recourdou: “Mañá pecharemos un ano máis as portas do Salón Do Libro Infantil E Xuvenil De Pontevedra. Son once anos, nos que temos escoitado resoar tantas historias e visto medrar tantos afectos entre os libros e os seus primeiros lectores.
Lola Dopico recordou que a través da permanencia, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra convertiuse nun referente para toda Galiza. Durante toda unha década adicouse a “A voz da memoria , O ritmo da palabra, A arte de inventar historias As viaxes, A fauna máxica , Os clásicos, A natureza O medo, O mar, O amor e finalmente, A cidade.
A concelleira de Cultura resaltou: “As cidades deron xogo para mirarnos e mirar máis alá ao lonxano, creo que serviu para saber máis de nós mesmos e serviu para que os protagonistas indiscutibles do salón do libro de Pontevedra, os nenos fixeran un e mil percorridos máxicos pola propia cidade e polas cidades do mundo. Como concelleira de Cultura non deixo ano tras ano de abraiarme dos traballos que aquí se presentan e creo que nunca agradecemos suficientemente a súa achega aos profesores. A implicación co Salón que desde os centros escolares de Pontevedra, 48 que participaron este anos, se sustenta nas mans de estos mestres que de forma , mans que eu non sei si tildar de máxicas porque o que fan xurdir desde as súas aulas ven podería interpretarse como un efecto de prestidixitación se non souberamos de certo que o que hai detrás é moito traballo moito esforzo e moito amor.
A pesar do reducido orzamento co que contou este ano, Lola Dopico afirmou “temos motivos para deixar oco a esperanza e así o vemos na acollida que ano tras anos ten un proxecto como este do Salón do libro, máis de 24.000 persoas conatadas unha a unha entraron polas portas este ano é eu creo que cada vez mais este é un programa con solvencia que desde o noso concello alimenta ese agromo de amor polo libro, pola lingua e pola cultura e que desde todo o país reciben con moita expectación cada nova edición”.
“Xeneroso, Amigo, Buxo, Irmao, Escritor de raza, Risa” son os termos que Agustín Fernández Paz empregou para definir ao seu amigo e compañeiro de profesión, Xabier P. do Campo, quen lle entregou unha figura de Sargadelos en nome da organización do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
“Non debe de ser nada doado poñer en pé esta fantasía cada ano, implicar a tanta xente, mobilizar os centros culturais e educativos do Concello. E aínda menos, acertar de cheo cada inverno, entusiasmar a todas as persoas que visitan o Salón. Enerxía, imaxinación, creatividade, exemplo vivo de que é posible converter as utopías en realidades”. Con estas palabras, o autor homenaxeado loubou o traballo levado a cabo pola organización do Salón.
Agustín Fernández Paz tamén trouxo a colación as palabras do falecido Miguel Delibes, no momento en que recibiu o Premio Cervantes, para explicar como pasou parte da súa vida contando historias a través da escritura.
© 2006–2011 Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra