O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernàndez Lores e a Concelleira de Cultura, Lola Dopico Aneiros inauguran o 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernàndez Lores e a Concelleira de Cultura, Lola Dopico Aneiros inauguran o 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

domingo, 06 de Febreiro de 2011

Nesta edición a programación xirará en torno á mentira.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Lola Dopico Aneiros, teñen o pracer de convidar a vostede á inauguración do 12º SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA, que terá lugar o vindeiro domingo, 6 de febreiro de 2010, ás 11.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Contaremos coa interpretación musical de "Requetetrolas", a cargo dos alumnos e alumnas da Aula Folque Infantil. A continuación procederase á apertura da Sala de Exposicións do Salón do Libro para a súa visita. Nela os tres contacontos de Pavís Pavós e Andrea Bayer farán as delicias dos máis pequenos.

Dentro do ciclo DOMINGOS DO PRINCIPAL as 12:00 e ás 18:30 horas no Teatro Principal, representarase “Frankenstein”. A cargo da compañía de teatro galega Ghazafelhos, conta a historia de dous científicos que investigan sobre a existencia de Frankenstein. Perdidos nunha tormenta chegarán a un castelo onde atoparán un personaxe estraño: o chepudo Igor. Recomendada a partir de 3 anos, ten unha duración de 80 minutos.

.- Ghazafelhos é unha compañía de teatro nada en Ferrolterra no ano 2006. Creada por Montse Piñón, centrase no traballo de títeres, animación e teatro dirixido maioritariamente a público familiar. Na súa andaina como compañía, Pepablo Patinho,, Montse Piñón e Jorge Casas, realizan contacontos, títeres, mímica e obradoiros de teatro para neno se adultos.

Do mesmo xeito, lembrámoslles que as Exposicións do Salón doLibro, ubicadas no Pazo da Cultura, pódense visitar de luns a venres de 17:00 horas a 21:00 horas. Os sábados permanecerán abertas entre as 11:00 horas e as 14:00 horas e tamén polas tardes no horario xa citado. Os domingos e festivos só abrirán as súas portas en horario matinal.

As actividades previstas na programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse entre o 6 de febreiro ata o sábado 19 de marzo de 2011. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.

Agradecemos a súa difusión.

Departamento de Prensa do Salón do Libro