O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visitará o Salón do Libro e asistirá o xoves 22 ás 11:15 á representación de “As manoplas de Carapuchiña” concertada con máis de 500 rapaces de 10 centros escolares de toda a provincia.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visitará o Salón do Libro e asistirá o xoves 22 ás 11:15 á representación de “As manoplas de Carapuchiña” concertada con máis de 500 rapaces de 10 centros escolares de toda a provincia.

martes, 20 de Marzo de 2012

O espectáculo inédito que se estreará mañá ás 18:30 horas para público familiar, contará con outras duas representacións: en aberto o xoves 22 á mesma hora, e o pase matinal concertado con coles ao que asistirá o Alcalde.


PONTEVEDRA, 20 de marzo de 2012.-  Se algo se pode destacar desta edición do Salón son os números espectáculos inéditos que se produciron en exclusividade e que son o reflexo do esforzo e o traballo conxunto de agrupacións musicais, contacontos, editoras, escolas de danza etc.

Como no hai dúas sen trés, trás o éxito de “O parrulo feo” e os contos, música e danza “A bela Adormecida” e “O quebranoces”, chega a terceira produción propia do Salón da man de Maria Lado como narradora e parte na composición das cantigas, a voz de Lucía Aldao (tamén compositora) e a música do SPJ: “As manoplas de Carapuchiña”

O espectáculo terá mañá as 18:30 horas no Pazo da Cultura o seu primeiro pase en aberto para público familiar, pero será o xoves 22, ás 11:15 cando o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asista ao segundo pase, concertado con centro escolares. O terceiro pase terá lugar esa mesma tarde, de novo ás 18:30 horas. As entradas estarán á venda unha hora antes na billeteira do Auditorio, a un prezo de 3,00 euros.

A Carapuchiña peculiar de OQO Editora, escrita por Inés Almagro, con ilustracións de Mikel Mardones, amosa unha versión nunca vista deste conto clásico, cunha protagonista sen longas e loiras trenzas, que se rebela ante os tópicos da súa historia: "Buff! Vai un frío espantoso! E iso é moi raro, porque no meu conto nunca, nunca, nunca neva. E onde están as miñas manoplas?,E o lobo? Onde se meteu o lobo. E esa música que escoito? Que raro, no meu conto nunca hai músicos, pero aquí si!" Carapuchiña está moi estrañada, porque este conto de inverno é moi diferente do que ela adoita facer. Non hai flores, nin lobo e a cheminea da casa da avoa fumega entre a neve.

“As manoplas de carapuchiña” é un conto cantado con música do Seminario Permanente de Jazz, narrado por María Lado e con cancións inéditas de Lucía Aldao no que descubriremos que pasa na historia da nena da capa vermella cando a primavera se agocha e ata as tartarugas pasan frío! “

 

Agradecemos a súa difusión,

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN