'O caderno de bitácora. Aventuras espaciais' para viaxar moi lonxe no salón do Libro

María Reimóndez é a autora de 'O caderno de bitácora. Aventuras espaciais' (Edicións Positivas), unha novela que viaxa á galaxia, un lugar inhóspito e inabranguible, que remata convertíndose nun fogar. Esta primeira novela da escritora luguesa fíxose co IV Premio de Novela Mulleres Progresistas do Concello de Vigo no ano 2003.