O Carballo con Botas de Papaventos volta ás Tardes na Sala do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil

O Carballo con Botas de Papaventos volta ás Tardes na Sala do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil

domingo, 13 de Febreiro de 2011

Despois do exitoso contacontos "O Galo Quirico", as Tardes na Sala continúan o Luns 14 co "Carballo con Botas" e o martes 15 co espectáculo "É maxia" do Mago Cali

Como ven sendo habitual, na sala de Exposicións do Pazo da Cultura ás 17:30 horas, os contacontos fan ás delicias de pequenos e maiores. Se a semana pasada foi Títeres Seisdedos con interactivo espectáculo cargado de títeres e música tracicional, mañá luns 14 de febreiro sera Papaventos e o seu espectáculo o Carballo con Botas.

O Carballo con botas conta como Querco ficou só na súa fraga, porque todas as súas amigas, as outras árbores arderan nun terrible incendio. As bágoas de Querco caíron con forma de landras nunha bota vella, onde tralas choivas do inverno nacerá unha árbore, chamada o Carballo con Botas, que lle fará compaña e de cando en vez visitará outros bosques e lugares, para coñecer novas historias e levalas de volta á fraga.

Este contacontos repetirase o luns 21 de Febreiro e o martes 1 de marzo á mesma hora.