O CARBALLO CON BOTAS VISITA ESTA TARDE O XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL NO PAZO DA CULTURA

O CARBALLO CON BOTAS VISITA ESTA TARDE O XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL NO PAZO DA CULTURA

luns, 08 de Febreiro de 2010

No marco da celebración do XI Salón do Libro Infantil e Xuvenil, a programación das Tardes na Sala ten prevista a actividade do contacontos de Papaventos, ás 17.30 horas do luns 8, martes 9 e mércores 10 de febreiro nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra.

O Carballo con botas conta como Querco ficou só na súa fraga, porque todas as súas amigas, as outras árbores arderan nun terrible incendio.

As bágoas de Querco caíron con forma de landras nunha bota vella, onde tralas choivas do inverno nacerá unha árbore, chamada o Carballo con Botas, que lle fará compaña e de cando en vez visitará outros bosques e lugares, para coñecer novas historias e levalas de volta á fraga.

Ademais, o Salón do Libro tamén contará coas seguintes actividades previstas para a xornada presente:

-10:00 – 10:40 e 11:45 – 12:25 horas: • Obradoiro Escrita con Tagen Ata • Obradoiro Ilustración con Anxo Fariña • Obradoiro A Cidade Enorme de OQO editora • CONTACONTOS: Celso Fernández, Pavís Pavós e Queliña • TEATRO: Migallas

-10:00 / 11:15 h.- O. URBANOS: Roteiro

  • 10:00 h.- Gorakada - La ciudad inventada (T.Principal)

-10:00 h.- Galitoon – Rosalía, a pulga que escribía. (Auditorio)

-10:40 – 11:10 h.- visita ao Salón

-11:00 – 11:30 h.- visita ao Salón

  • 11:30 – 13:00 h.- OBRADOIROS URBANOS: Roteiro

  • 12:00 h.- Gorakada-La ciudad inventada (T.Principal)

-12:00 h.- Galitoon – Rosalía, a pulga que escribía. (Auditorio do Pazo)

-12:25 – 12:45 h: visita ao Salón

-12:45 – 13:30 h: visita ao Salón

-17.30 Tardes na sala: Carballo con botas, de Papaventos

-18:30 Galitoon - Rosalía a pulga que escribía. (Auditorio do Pazo)

  • 19:00 CONFERENCIA. Ciclo Os autores e as cidades (Caixagalicia) “Aperta coruñenta, manifesto das cidades-barco”, Xurxo Souto

  • 20.30 Inauguración SARGADELOS “... donde nunca pasa nada”, de Fruela Alonso