O espectáculo Galo Quirico, da compañía Seisdedos, volve encher a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura

O espectáculo Galo Quirico, da compañía Seisdedos, volve encher a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura

venres, 11 de Febreiro de 2011

Preto de 400 nenos e pais asistiron a este espectáculo de marionetas e cancións con música en directo

O espectáculo da compañía Seisdedos, O Galo Quirico, reuniu a preto de catrocentos cativos e pais nas dúas sesións celebradas na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra nas tardes do xoves 10 e venres 11 de febreiro. Os asistentes disfrutaron de marionetas tradicionais e teatro de cartón sobre os contos populares, creados e dirixidos por Anxo García con acompañamento de Carlos Quintá (acordeón diatónico). Este espectáculo creouse con motivo da homenaxe que no ano 2007 se lle realizou a Bernardino Graña en Cangas do Morrazo.