O futuro tomará diferentes formas no Salón do Libro 2015

Said e Sheila son dous rapaces do futuro que viven unha arriscada aventura na que cobrarán protagonismo a ecoloxía e a cultura. 'O futuro roubado' está escrita por Ramón Caride e ilustrada polo multipremiado ilustrador Miguelanxo Prado. O conto foi editado por Xerais na colección Merlín.