O Mago Cali chega mañá, 15 de febreiro, ás Tardes na Sala co seu espectáculo de maxia inspirado na bibliografía de Gloria Sánchez

O Mago Cali chega mañá, 15 de febreiro, ás Tardes na Sala co seu espectáculo de maxia inspirado na bibliografía de Gloria Sánchez

luns, 14 de Febreiro de 2011

Pontevedra, 14 de febreiro de 2011.- “É MAXIA” é un espectáculo onde o seu autor, o mago Cali pretende amosar aos máis pequenos como se pode facer maxia con cada palabra converténdoa nunha fascinante historia. Ábrese a porta da imaxinación grazas a lectura e mesturando elementos da vida real con elementos fantásticos fará a través deste espectáculo cargado de sorpresa, ilusión e humor, que nunca perdamos a capacidade de soñar.

Mago Cali: El Mago Vigués Cali, naceu en 1972. Leva máis de 15 anos sobre os escenarios realizando centos de actuacións nos lugares máis diversos: dende restaurantes a programas de televisión, centros escolares ou eventos corporativos para empresa. Os seus espectáculos son sempre dinámicos e totalmente interactivos.

As actividades previstas na programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse do 6 de febreiro ata o sábado 19 de marzo de 2011. Pode consultar más información en www.salondolibro.org.

Agradecemos a súa difusión.