O Pazo da Cultura acolle o domingo a inauguración do XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O Pazo da Cultura acolle o domingo a inauguración do XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

venres, 05 de Febreiro de 2010

A inauguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebra o domingo, 7 de febreiro de 2010, no Auditorio do Pazo da Cultura tratará sobre as "Cidades Imaxinarias". O acto contará coa intervención do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Lola Dopico Aneiros.

A obra "Cidades Imaxinarias" propón unha viaxe por diferentes espazos: un peirao, unha praia, unha grande urbe, un mercado,… e aplica distintas artes escénicas para representar valores colectivos universais. O espectáculo combina danza, teatro, música, video-creación, canto e improvisación libre. Está escrito e interpretado por rapaces entre 6 e 13 anos, que son os propios protagonistas da obra. Cidades Imaxinarias é o resultado do traballo do curso que os máis pequenos desenvolven no Laboratorio de Sons, unha actividade que ten lugar todos os sábados dentro do programa docente da Aula Folque Infantil no edificio do Antigo Conservatorio de MA obra "Cidades Imaxinarias" propón unha viaxe por diferentes espazos: un peirao, unha praia, unha grande urbe, un mercado,… e aplica distintas artes escénicas para representar valores colectivos universais.

O espectáculo combina danza, teatro, música, video-creación, canto e improvisación libre. Está escrito e interpretado por rapaces entre 6 e 13 anos, que son os propios protagonistas da obra.

Cidades Imaxinarias é o resultado do traballo do curso que os máis pequenos desenvolven no Laboratorio de Sons, unha actividade que ten lugar todos os sábados dentro do programa docente da Aula Folque Infantil no edificio do Antigo Conservatorio de Música.

As actividades previstas para todos os públicos entre o 7 de febreiro e o 14 de marzo de 2010 inclúen espectáculos, música, conferencias e outros actos, ademais de exposicións, varios obradoiros de animación á lectura e outros relacionados coa literatura e o teatro infantís e xuvenís, que se combinarán con eventos en colaboración cos centros escolares.

O Salón do Libro recoñece este ano a súa traxectoria literaria a Agustín Fernández Paz cunha homenaxe no Pazo da Cultura o sábado 13 de marzo de 2010, ás 13.00 horas.

As instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra permanecerán abertas ata o domingo, 14 de marzo e contan cun espazo ambientado polo alumnado da Facultade de Belas Artes, exposicións de traballos escolares e ambientación xeral do Pazo da Cultura pola escola de tempo libre Paspallás. Tamén haberá exposicións sobre a homenaxe a Agustín Fernández Paz e O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. do Campo.

O horario de apertura durante a semana lectiva é de martes a venres, de 17 a 21 horas, excepto os luns, que estará pechado; os abre sábados de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas; os domingos e festivos, de 11 a 14 horas. úsica. As actividades previstas para todos os públicos entre o 7 de febreiro e o 14 de marzo de 2010 inclúen espectáculos, música, conferencias e outros actos, ademais de exposicións, varios obradoiros de animación á lectura e outros relacionados coa literatura e o teatro infantís e xuvenís, que se combinarán con eventos en colaboración cos centros escolares. O Salón do Libro recoñece este ano a súa traxectoria literaria a Agustín Fernández Paz cunha homenaxe no Pazo da Cultura o sábado 13 de marzo de 2010, ás 13.00 horas. As instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra permanecerán abertas ata o domingo, 14 de marzo e contan cun espazo ambientado polo alumnado da Facultade de Belas Artes, exposicións de traballos escolares e ambientación xeral do Pazo da Cultura pola escola de tempo libre Paspallás. Tamén haberá exposicións sobre a homenaxe a Agustín Fernández Paz e O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. do Campo. O horario de apertura durante a semana lectiva é de martes a venres, de 17 a 21 horas, excepto os luns, que estará pechado; os abre sábados de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas; os domingos e festivos, de 11 a 14 horas.