O Salón do Libro estrea esta semana dous espectáculo inéditos “O parrulo feo” da BMP e Pavís Pavós e “A bela adormecida” e “0 quebranoces” da OFC, Pavís Pavós e a Escola de Danza Druída.

O Salón do Libro estrea esta semana dous espectáculo inéditos “O parrulo feo” da BMP e Pavís Pavós e “A bela adormecida” e “0 quebranoces” da OFC, Pavís Pavós e a Escola de Danza Druída.

mércores, 14 de Marzo de 2012

As Tardes na Sala e o teatro xuvenil - adulto “Pelos na Língua” de Talía Teatro completan a programación dos dias 15 e 16 no Teatro Principal e o Pazo da Cultura.

  

PONTEVEDRA, 14 de marzo 2012.-  Mañá 15 de marzo as 19:30 horas chega ao Teatro Principal un dos espectáculos máis agardados: O conto musicado 'O parrulo feo'. Con música composta en exclusividade para este evento pola Banda de Música de Pontevedra e os contadores de Pavís Pavós que poñerán ás voces neste conto clásico. 

Unha produción inédita da que poderedes gozar única e exclusivamente no Salón do Libro. Recomendada a partir de 4 anos. Podedes adquirir a vosa entrada na billeteira do Teatro dende unha hora antes do comezo a un prezo de 3,00 euros.

Continua o xoves con programación para público xuvenil e adulto.
no Pazo da Cultura ás 21:00 horas no Auditorio con "Pelos na Lingua" de Talía Teatro. Un espectáculo cómico cargado de sorna e estruturado en esqueches que falan dos usos e abusos que sofre a lingua galega 

Entradas á venda anticipada en www.servinova.com a un prezo de 8 euros, 5 euros para estudantes, parados e xubilados e na billeteira do Pazo dúas horas antes do espectáculo.

O vernes 16, esta vez no auditório do Pazo da Cultura ás 18:30 horas, chega o segundo espectáculo inédito creado en exclusiva para o Salón: Música, contos e danza da man da Orquestra Filhármonica Cidade de Pontevedra, Pavís Pavós e a Escola de Danza Druída, que uniron os seus esforzos para dar vida aos contos clásicos "A bela adormecida" e "O quebranoces".

Recomendado a partir de 5 anos, só poderedes gozar de este espectáculo exclusivo no Salón do Libro. Entradas á venda dende unha hora antes na billeteira do Pazo a un prezo de 3,00 euros.

 

Agradecemos a súa difusión

 

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN