O SPJ presenta o programa de Jazz no Principal e “As Manoplas de Carapuchiña” un espectáculos deseñado exclusivamente para o Salón do Libro en colaboración con OQO Editora, María Lado e Lucía Aldao.

O SPJ presenta o programa de Jazz no Principal e “As Manoplas de Carapuchiña” un espectáculos deseñado exclusivamente para o Salón do Libro en colaboración con OQO Editora, María Lado e Lucía Aldao.

xoves, 15 de Marzo de 2012

PONTEVEDRA, 15 de marzo de 2012.-  Esta mañá a concelleria de Cultura Anxos Riveiro Portela, presentou, acompañada de Luis Carballo do SPJ e Berta Galo (OQO Editora), a programación desta edición de Jazz no Principal e o espectáculo inédito “As manoplas de Carapuchiña”, no que colabora tamén o SPJ .

Por unha banda, esta edición de Jazz no Principal contará con 3 actuacións ás 21:00 horas que se iniciarán o vindeiro sábado 17 de marzo có pianista German Kucich, continuarán o sábado 24 da man do saxo André Fernandes e rematarán o 31 do presente mes coa actuación da SPJ Factory.

As entradas dos diferentes concertos podense aquirir xa en www.servinova.com a un prezo de 5,00 euros (3 euros para estudantes, parados e xubilados) e o mesmo día da actuación dende unha hora antes na billeteira do Teatro Principal.

Do mesmo xeito e como se ven facendo nos útimos anos, os días das actuacións impartiranse de xeito gratuito obradoiros de Jazz no Antigo Conservatorio (rúa Alfonso XIII):

 

Sábado 17 de Marzo: de 11h a 14h German Kucich

                                       de 16 h a 18h Juanma Barroso

 

Sábado 24 de Marzo: de 11h a 14h André Fernandes

 

Sábado 31 de Marzo de 11h a 14h Pablo Castaño, Javier Pereiro, Virxilio da Silva, Juansi Santomé, Max Gómez .

 

Ademais, presentouse o espectáculo inédito “As manoplas de Carapuchiña”, que inspirado no conto de OQO Editora contará coa actriz e poetisa María Lado como contadora, a voz de Lucía Aldao que compuxo as cantigas xunto con María en exclusiva para o espectáculo, e a música do Seminario Permanente de Jazz. Este conto cantado inédito forma parte do programa do Salón do Libro e terá lugar os días 21 e 22 de marzo ás 18:30 no Auditorio do Pazo, Recomendado a partir de 4 anos. Entradas á venda na billeteira do Pazo unha hora antes da función a un prezo de 3,00€.

Lembrámosvos que esta tarde, ás 19:30 horas no Teatro Principal terá lugar outro dos espectáculos inéditos de este ano no Salón: “O parrulo feo” con música composta pola Banda de Música de Pontevedra e os contacontos de Pavís Pavós.

Mañá a mañá no Pazo da Cultura, dentro das actividades concertadas con centros escolares, preto de 100 rapaciños/rapaciñas de entre 0 e 3 anos pertencentes ás garderías Bolboreta, Bicos e a EEI da Parda gozarán do contacontos “Nanocontos” da man de Queliña, ás 10 e ás 11 horas.

Pola tarde vez no auditório do Pazo da Cultura ás 18:30 horas, representarase outro dos espectáculos inéditos creados en exclusiva para o Salón: Música, contos e danza da man da Orquestra Filhármonica Cidade de Pontevedra, Pavís Pavós e a Escola de Danza Druída, que uniron os seus esforzos para dar vida aos contos clásicos "A bela adormecida" e "O quebranoces". Recomendado a partir de 5 anos, só poderedes gozar de este espectáculo exclusivo no Salón do Libro. Entradas á venda dende unha hora antes na billeteira do Pazo a un prezo de 3,00 euros.

 

Agradecemos a súa difusión,

DEPARTAMENTO DE PRENSA E COMUNICACIÓN